luns, 15 de xuño de 2020

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNXS DE 4ºESO

Ola a todxs! Chegou a última semana do curso despois duns meses algo accidentados e moi difíciles para todos. Sei que todos recordaremos este curso porque houbo unha pandemia mundial que nos cambiou a vida a todos, porque superamos unha cuarentena, etc. Non obstante, eu recordarei este curso por moitas cousas máis. 

Recordareino por ser o curso no que fixemos un Entroido incrible, no que ensaiamos un mes para un día e se convertiu nun dos meses máis divertidos do ano. Tamén polas obras de teatro da clase, polos debates, as risas, os traballos en grupo, etc. En definitiva, non foi soamente o ano da pandemia mundial, para vós foi o voso curso de 4º da ESO, que eu tiven a sorte de vivir convosco. 

Quero que saibades que estou tremendamente orgullosa do traballo que fixéchedes nestes meses, pois se a xente se crece nos momentos máis duros, demostra moito a súa valía. Sei que o pasáchedes mal, todos o pasamos, pero a vós tocouvos ser alumnos en cuarentena, e moitos cumpríchedes de sobra cas expectativas. Non soamente, por unha nota numérica, se non porque a min persoalmente me alegrábades o día cas ocurrencias dos vosos traballos, os voso vídeos, etc.

Volvendo máis alá no pasado, empezamos este curso con moita ilusión pero tamén con medos, pois 4º da ESO é  ese curso no que tedes que empezar a decidir cousas, a tomar decisións que non queredes tomar aínda moitas veces (como é normal e nos pasou a todos) e empezades a ser conscientes de que cada vez teredes máis responsabilidades. Non obstante, a pesar dos agobios que foron moitos, demostráchedes que non é só o curso intermedio entre a ESO e o Bacharelato, se non que tamén é o curso no que sodes maduros para abordar certos temas sen perder esa ilusión que caracteriza aos máis pequenos. Para min, foi un pracer a asistir a eses momentos, nos que reflexionábades e analizábades pero sen deixar de sorrir nin un segundo (e para que mentir, de facer un pouco o parvo, que tamén é necesario de vez en cando). Por todo iso quero darvos as gracias. 

Gracias tamén por todo o que non é académico, por compartir conmigo as vosas dúbidas, problemas, etc que pouco a pouco fomos resolvendo ou polo menos o intentamos. Tamén houbo momentos complicados (para que negalo, non sempre vos portades de xeito exemplar) pero foron os menos, e ao fin e ao cabo ninguén é correcto todo o tempo. Neses momentos tamén discutimos e tivemos desacordos, pero que sería da vida se fose todo perfecto todo o tempo?


Quero darvos as gracias pola implicación en todos os retos do curso, pola ilusión ao facer as cousas que pedía, pola curiosidade nas clases. Especialmente, porque entre todos colaboramos a facer do mes de Febreiro un mes inolvidable, ensaiando no recreo, bailando e cantando e facendo que eu ás veces me emocionara de máis (e bailara de máis, non olvidemos que fun directora de coreografías jaja). Como vos me dicíades "profe ti tamén nos acompañas porque che gusta a ti", e era moi  certo. A verdade é que se era marabilloso compartir tempo con vos tratando temas de historia, aínda o foi máis vendo como vos implicábades con algo que nin era obrigatorio. Gracias por iso tamén, e por tantos momentos de risas nese mes. Non obstante, debo mencionar a vosa curiosidade e espírito crítico na miña materia. Quero pedirvos que pase o que pase non o perdades, sei que a uns lles gusta máis a materia que a outros, pero espero ter colaborado a que vírades a materia con outros ollos.

Finalmente quero dicir que todas as clases, e todos os rapaces e rapazas  que había nelas aportáchedes algo diferente e único á miña aprendizaxe como profesora. Todos fixéchedes que ir a traballar non fose un verdadeiro traballo, se non unha experiencia única e irrepetible. Quero que saibades que sempre vos recordarei con cariño por acompañarme na aventura que foi este ano.

Aos alumnos de 4ºB gracias polo voso espíritu crítico, polos debates, etc e por tantas charlas que tivemos interesantes e que non olvidarei. Aos alumnos de 4ºC gracias pola implicación absoluta nas clases, pola curiosidade e a creatividade que hai en vos.

Finalmente quería dicirlle aos meus titorandos de 4ºA, que gracias por facerme sentir unha titora orgullosa en todo momento e por todos eses momentos especiais que compartimos como titoría, non só por ter unha hora máis á semana, se non porque chegamos a entendernos de verdade.

Deséxovos a todos o mellor no futuro, e confío en que cheguedes a ser as persoas que soñades ser. 

Unha aperta moi grande.


 A profe de historia.




mércores, 10 de xuño de 2020

DEVOLUCIÓN DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO

Ola a todxs, aquí deixo un aviso para a titoría pero vale para todos. No seguinte enlace tedes as instrucións para a devolución dos libros de texto: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespintorcolmeiro/node/1786 . Consultádea para ver que cousas tedes que revisar, que libros tedes que devolver agora,  onde se fará a devolución e a data e hora de entrega.

No caso de 4ºA será o Martes 30 de xuño ás 9.30. 

Un saúdo a todxs!

luns, 8 de xuño de 2020

AVISO IMPORTANTE

Ola  a todos, acaban de informarnos de que a actividade lectiva ordinaria remata o venres 12 de xuño, co cal cámbiase a data de realización das actividades sobre o nazismo para o venres  12 de xuño. Sinto este cambio inesperado pero acaban de informarnos agora mesmo, e ademais xa levades unha semana tendo as instrucións, con este cambio tedes 2 días menos para entregar e en total case dúas semanas. Desculpade as molestias.

Calquera cousa que queirades mandar atrasada ten esa data máxima de entrega.


As reflexións podedes mandarmas igualmente nesta semana ou na próxima.


Seguide consultando o blog ata o 22 de xuño pois colgarei indicacións sobre a recuperación en setembro. Tamén subirei unha entrada o próximo luns.

Un saúdo a todos!

AVISO

Mandádeme as reflexións, as actividades e as dúbidas mellor a este correo nereamiguelezgonzalez@gmail.com que me está dando menos problemas que o outro.

NAZISMO ALEMÁN 2

Ola chicxs, desculpade o retraso na subida da entrada, pero tiña problemas para subir o vídeo. Nos adentramos na penúltima semana do curso. Esta semana o que tedes que facer é mandar as actividades sobre o nazismo que publiquei a semana anterior. 

Para axudarvos tedes o vídeo desta semana no que explico o apartado 6 dos apuntes: https://youtu.be/6KUe9_WKqDI 

Aquí podedes descargar os apuntes do Tema 7: DESCARGAR APUNTES.

Tedes ata o venres 12 de xuño para mandar as actividades. Aplícase a mesma data para actividades atrasadas.



Por outra parte, para quen poida e quera facelo esta semana vou explicar o que vou pedir o luns que ven, e se queredes podedes mandarmo esta semana. Quería pedirvos que me escribírades un email cunha reflexión sobre este curso na materia de historia, e sobre todo o que pasou nestes meses tan excepcionais en xeral. Esta é unha actividade que eu sempre pido de xeito presencial en forma de carta, pero como así non pode ser a pido como email.

Quero que me contedes:

  •  Que foi o que máis vos gustou de actividades na materia de historia (presenciais e de cuarentena) e o que menos e por que. 
  • Que temas vos gustaron máis e cales menos e por que. 
  • Con que vos quedades este curso,
  •  cousas que pensades que podo mellorar eu como profesora, 
  •  se pensades que aprendíchedes en xeral ou non, etc.
  •  En definitiva, unha reflexión sobre todo o que fixemos este ano, e a aportación que vos deu a materia persoalmente. 
  • Tamén me podedes contar como vívichedes estes meses de confinamento e a vosa opinión sobre o cambio de presencial a online na materia. 
  • Calquera cousa que me queirades comentar.

luns colgarei eu tamén a miña propia reflexión sobre o tema, e pídovos que nesta semana ou a seguinte, lle dediquedes uns momentos a esta valoración, pois a min axúdame moito de cara ao curso seguinte.


O próximo luns non pedirei nada, só esta reflexión que me podedes mandar xa esta semana.


FELIZ SEMANA A TODOS! :)

AVISO

Ola chicxs, estou tendo uns problemas ténicos para subir a entrada de hoxe. Tereino solucionado pola tarde, e previsiblemente é cando ides ter a nova entrada do blog. Xa sabedes que as actividades desta semana son as do nazismo que publiquei a semana pasada. Un saúdo.

luns, 1 de xuño de 2020

O NAZISMO ALEMÁN


Ola chicxs! Aquí vos deixo a última tarefa do curso. Se trata de 8 actividades sobre o Nazismo alemán. As 7 primeiras son obrigatorias, a número 8 é voluntaria e pódese entregar escrita ou oral.

O prazo de entrega de todas é o Luns 15 de Xuño. Esta semana no vídeo explico o apartado 5 dos apuntes, e a próxima subirei un vídeo explicando o 6, ambos sobre o nazismo: https://youtu.be/dpf8-P0nDYo
Debedes ler ambos apartados para facer as actividades. Aquí podedes descargar os apuntes do Tema 7: Período de entreguerras DESCARGAR APUNTES

Recordade que tedes:
  •        Ata o 8 de xuño para mandar as actividades do fascismo italiano.
  •         Ata o 15 de xuño para mandar as actividades do nazismo alemán.

Normas para mandar as actividades (non cumprilas baixa a puntuación da nota):

  1. O texto onde se entreguen as actividades debe estar xustificado (Ctrl+J).
  2. Tamaño de letra 12 (nos títulos pode ser máis grande).
  3. As actividades mándanse todas xuntas nun documento de word, pdf ou oppenoffice.
  4. nome do documento debe ser nome, apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A
  5. Debe ter corrixidas as faltas (pasádelle o corrector ao texto en galego),
  6. Deber ser en galego. 
  7. As actividades deben estar separadas  entre sí polo número da actividade e un título.
  8. Se un exercicio ten varias preguntas é mellor que copiedes as preguntas.
Déixovos as actividades en pdf para descargar: DESCARGAR ACTIVIDADES NAZISMO. Aos vídeos de youtube podedes acceder clicando enriba deles ou copiando e pegando o enlace.




RECUPERACIÓN: As  persoas que teñen que recuperar nestas semanas o farán entregando estas actividades sobre o nazismo e as do fascismo pendentes. Non hai actividades a maiores esta semana.

Tedes na entrada anterior información sobre as materias que puntúan para as carreiras e notas de corte.

Feliz semana a todos!