domingo, 31 de maio de 2020

MATERIAS QUE PONDERAN PARA AS CARREIRAS+NOTAS DE CORTE USC 2019

Ola a todxs, como estades nun momento no que tedes que tomar certas decisións de cara ao bacharelato e indirectamente as posibles carreiras, déixovos neste enlace as materias que ponder máis para cada carreira e as notas de corte da Universidade de Santiago do ano pasado, para que vos fagades unha idea. Non obstante, nas webs de cada universidade estas notas varían e poden cambiar de ano en ano. É só para que teñades unha idea xeral.

Se necesitades orientación con respecto ao ano que ven , non dubidedes en escribirme ao correo, un saúdo!

martes, 26 de maio de 2020

AVISO TITORÍA 4ºA

Ola chicxs este un aviso para a miña titoría pero vale para todos. No seguinte enlace ides atopar o borrador da matrícula. Non hai que mandar nada de momento. é simplemente para que o consultedes e miredes as posibilidades do ano que ven. Calquera dúbida chamade pola mañá ao centro. Un saúdo!

luns, 25 de maio de 2020

AVISO CAMBIO DE DATA DE ENTREGA

Debido á coincidencia da tarefa con recuperacións, cámbiase a data de entrega do mércores 3 de xuño ao luns 8 de xuño. A semana que ven estade pendentes o luns, pois podo subir tarefas de recuperación  e sobre todo subirei explicacións sobre o nazismo e quizais unha nova tarefa pero cun prazo amplo para que non se solapen traballos. Un saúdo a todos.

O FASCISMO ITALIANO

Ola chicxs! Espero que esteades todos ben. Esta semana imos empezar a estudar o ascenso dos totalitarismos na Europa de entreguerras, en concreto o caso do fascismo italiano. 

Previamente á realización das actividades debes:


Actividades: Prazo de entrega Luns 8 de xuño.

  1. Fai un resumo de máximo 20 liñas do apartado 4 dos apuntes. Nel deben aparecer reflectidos todos os apartados do punto 4.
  2. Busca imaxes de 3 carteis de propaganda do fascismo italiano e explícaos (explica o seu significado).
  3. Busca 3 fotografías sobre o fascismo italiano e explica o que sucede nelas.
  4. Busca 3 imaxes de símbolos do fascismo italiano e explícaos. Teñen que ser cousas, símbolos, debuxos que representasen ao fascismo italiano.
  5. Busca un texto de Benito Mussolini ou do fascismo italiano, cópiao e a continuación di que características do fascismo ou principios ideolóxicos do fascismo aparecen nel. NON pode ser o texto do libro que comento eu no vídeo (páxina  172, Programa do Partido Fascista)
  6. Fai o mesmo con este discurso en vídeo de Mussolini: https://www.youtube.com/watch?v=CoINnm6vdmM. Ve o vídeo e fai unha lista das características do fascismo que podes ver nel. As características do fascismo aparecen nos apartados 4.3 e 4.5 dos apuntes.
  7. Observa este outro discurso de Mussolini no que fai a declaración de guerra da IIGM: Que argumentos da Mussolini para entrar na guerra que coinciden co malestar existente na Italia de posguerra despois da IGM?, fai un listado con todos os que se che ocorran: https://www.youtube.com/watch?v=3lUQWXimoYkPara axudarche a facer esta actividade podes consultar os apartados 4.1, 4.2 e 4.3 dos apuntes (páxinas 172 e 173 do libro).
  8. Para que vexades o rexeitamento ás minorías  do fascismo (xa preto da IIGM por influencia do nazismo), vede tamén este clip da película "La vida es bella". Así comprenderedes en que desembocou toda a ideoloxía fascista: Escribídeme unha breve opinión sobre a vosa opinión con respecto a este rexeitamento ás minorías por parte do fascismo: https://www.youtube.com/watch?v=ElLFq4i3AoQ

Normas para mandar as actividades (non cumprilas baixa a puntuación da nota):
  1. O texto debe estar xustificado (Ctrl+J).
  2. Tamaño de letra 12 (nos títulos pode ser máis grande).
  3. As actividades mándanse todas xuntas nun documento de word ou oppenoffice. 
  4. O nome do documento debe ser nome, apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A
  5. Debe ter corrixidas as faltas (pasádelle o corrector ao texto en galego),
  6. Deber ser en galego. 
  7. As actividades deben estar separadas  entre sí polo número da actividade e un título.
Aquí vos deixo un fío de twitter moi interesante sobre este tema, que foi atopado pola vosa compañeira Noa:  https://threadreaderapp.com/thread/1263151234644615168.html

RECOMENDACIÓN: Recoméndovos este documental sobre Benito Mussolini e o fascismo italiano: https://www.youtube.com/watch?v=ux1cYvoj4Qs&has_verified=1

Tamén estos vídeos curtos que explican todo o que conto neste apartado:

https://www.youtube.com/watch?v=Sdiynpf5n8E


https://www.youtube.com/watch?v=7R2EqwkyE3s


RECUPERACIÓN: Non hai actividades de recuperación esta semana, basta con entregar as actividades sobre o fascismo italiano.



mércores, 20 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola chicxs! Quería comunicarvos que estase a poñer en marcha unha iniciativa do equipo de biblioteca pola concesión do Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero. 

A iniciativa consiste nunha lectura creativa dun texto deste autor con formato libre (vídeo-poema, poema ilustrado, con acompañamento musical, fotografía, etc).

Os tres mellores traballos serán premiados e a data de entrega é ata o 17 de xuño. Os traballos deben enviarse a bibliocolmeiro@gmail.com.

Tedes toda a información aquí: https://biblogcolmeiro.blogspot.com/ 

Anímovos a participar pois é unha iniciativa moi interesante!. Déixovos aquí unha fotografía do autor e do busto  que hai del en Santiago de Compostela, xusto en fronte á entrada do Parque da Alameda. Seguro que vos sona. Saúdos a todxs!








luns, 18 de maio de 2020

AVISO

Na actividade das fotos non collades as fotos que xa aparecen nos apuntes.

ACTIVIDADES CRAC DO 29


Ola chicxs! aquí vos deixo as actividades desta semana. Para facelas é necesario ver os vídeos do crac do 29 da semana pasada e da anterior, e ler os apartadas correspondentes dos apuntes (2.2,2.3,.2.4 e 3).

As actividades entréganse todas xuntas e a ser posible a ordenador (se non é posible a man e sacándolles foto). Todas teñen como prazo o luns 25 de maio. Ao final hai unha actividade de recuperación da 2ªavaliación para o martes 26 de maio.

ACTIVIDADE 1: CREA A TÚA PROPIA RECEITA SOBRE O CRAC DO 29
A actividade consiste en realizar unha receita  para crear un “Crac do 29”. Tedes que facer unha receita de cociña con:

- Ingredientes necesarios para crear unha Revolución Industrial e cantidades. Exemplo: 100 gr de especulación bolsista, 2 culleradas de sopreprodución, mesturar e bater, etc.

- Proceso de elaboración: como preparar os ingredientes, como mesturalos, como cociñalos, etc.

Esta actividade a fixemos en clase e creo que sabedes como funciona. Nos ingredientes e as súas cantidades tedes que ter en conta as características que provocaron o Crac do 29 e o posterior período da “Gran Depresión”. Podedes poñer fotos.

As receitas teñen que estar minimamente elaboradas. Non vale entregar calquera cousa por entregar. 

As facedes a man sacando foto ou a ordenador en word (eu prefiro a ordenador).

Para facelas debedes ver o vídeo da semana pasada e da anterior se non o fixéchedes:

As contradicións da prosperidade. O crac do 29. O New Deal (2.3, 2.4, 2.5): https://youtu.be/hobp1aGq17o

 Tamén podedes consultar os apuntes (apartados 2.3, 2.4, 2.5 e 3). DESCARGAR APUNTES

ACTIVIDADE 2: BUSCA IMAXES E DESCRÍBEAS: Busca imaxes reais do período do Crac do 
29, os tristes anos 30 e a Gran Depresión que reflictan a situación daquela época. Pon mínimo 3 imaxes (poden ser máis) que atopes en internet e engade unha pequena explicación do que aparece nelas. Non consiste en dicir literalmente o que aparece (exemplo: aparece unha muller triste cuns nenos), se non de explicar situacións da época  (exemplo: accionistas na entrada de Wall Street tal día a consecuencia de tal feito, etc). Non teñen que ser descricións moi longas. En internet atoparedes facilmente a explicación das imaxes que aparecen.

ACTIVIDADE 3: COMPARANDO CRISES: Busca similitudes e diferencias entre a crise de 1929 e a de 2008. Fai unha lista con polo menos 5 frases (poden ser máis) nas que expliques similitudes ou diferencias entre ambas situacións. Podes mesturar similitudes e diferencias. Exemplo:
·        Similitude 1.
·        Similitude 2.
·        Diferencia 1.
·        Similitude 3.
·        Diferencia 2.

Trátase de buscar cousas en común ou diferencias entre ambos momentos e anotalas nunha lista. Podes engadir fotos se queres que exemplifiquen ambos períodos (opcional).
Se podedes incluíde todas as tarefas nun documento de word ou pdf. Separádeas con títulos e entregádeas todas xuntas.

Poñede o voso nome no documento e curso. Exemplo: NereaMiguelez4C. Despois mandádeas ao correo: nereamiguelezgonzalez@gmail.com

SÓ LER EN CASO DE NON DISPOÑER DE ORDENADOR E SÓ PODER ENTREGAR AS TAREFAS A MAN: Se non podes facer a ACTIVIDADE 2 porque non tes ordenador ou non o tes dispoñible ou non podes traballar con imaxes de internet, fai esta outra tarefa en lugar da tarefa das imaxes (actividade 2) . As tarefas 1 e 3 se deben entregar igualmente sacando fotografías á libreta ou folio, xunto cas respostas ás preguntas que deixo a continuación:

Le o texto 1: Si lo que nos proponemos es que, por lo menos durante una generación Alemania no pueda adquirir siquiera una mediana prosperidad; si creemos que todos nuestros recientes aliados son ángeles puros y todos nuestros recientes enemigos, alemanes, austríacos, húngaros y los demás son hijos de del demonio; si deseamos que, año tras año, Alemania sea empobrecida y sus hijos se mueran de hambre y enfermen, y que esté rodeada de enemigos, entonces rechacemos todas las proposiciones generosas, y particularmente las que puedan ayudar a Alemania a recuperar una parte de su antigua prosperidad material. (...).
Si tal modo de estimar a las naciones y las relaciones de unas con otras fuera adoptado por las democracias de la Europa occidental, entonces, ¡que el Cielo nos salve a todos¡ Si nosotros aspiramos deliberadamente al empobrecimiento de la Europa central, la venganza, no dudo en predecirlo, no tardará.”
J. M. Keynes. Las consecuencias económicas de la paz. 1919.

Responde ás cuestións:
-        A que se refire o autor con que “durante una generación Alemania no pueda adquirir siquiera una mediana propsperidad?
-        De que país pensas que é o autor? Quen son os aliados do seu país?
-        Por que pensas que di que o seu país aspira ao empobrecemento de Europa central?
-        Produciuse a vinganza da que fala?

Le o texto 2 e o 3:

Texto 2:  “Nuestra más ardua tarea, la primera, es hacer que el pueblo vuelva al trabajo. No es un problema insoluble si nos enfrentamos a él con prudencia y valentía. Puede realizarse, en parte, mediante la contratación directa por parte del gobierno, actuando como en un caso de guerra pero, al mismo tiempo llevando a cabo los trabajos más necesarios, a partir de estas personas contratadas, para estimular y reorganizar la utilización de nuestros recursos naturales.”     Discurso de toma de posesión de F. D. Roosevelt. Marzo de 1933.

Texto 3: “El presidente Hoover no sabía hacer otra cosa que repetir: “la crisis habrá pasado antes de 60 días; aprovechad el momento para comprar”. Pero en 1930 y en 1931 mientras que Hoover, romántico incorregible , proclamaba: “la prosperidad nos espera a la vuelta de la esquina”, Steel caía a 100, a 50 y a 30. En 1932, pude oir a una norteamericana que legaba a París que musitaba con tono lúgubre: “Steel está a 22...esto es el fin del mundo”.  A. Maurois. Chantiers américains. 1933.

Responde a estas cuestións:
-Cal foi a reacción do presidente dos EEUU cando comezou a crise? Que medidas se tomaron?
-En que consistiu do New Deal? Cales foros as súas consecuencias.

RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN( PRAZO MARTES 26): Esta semana debedes facer os exercicios da páxina 160 do libro que tratan sobre a IGM. Podedes facelos na libreta e sacar unha foto, ou a ordenador. Aquí vola deixo por se non tedes o libro na casa DESCARGAR EXERCICIOS.

luns, 11 de maio de 2020

O CRAC DO 29

Ola chicxs! O primeiro felicitarvos polas vosas reseñas, todas moi entretidas e orixinais!. Aquí deixo os pasos a seguir esta semana:

PASO 1: Ver o vídeo do crac do 29. Aquí amplío a explicación da semana pasada. Pídovos que vexades o desta semana e o da anterior para así facer ben a actividade da semana próxima que vai ter como tema o crac do 29 e que colgarei o luns. Explicación desta semana: https://www.youtube.com/watch?v=E2HTI8eOdVI&list=PLfAmNbeSBRG-ullKCRja5uKmeUVRsV7Dt&index=5&t=0s 


É o apartado 3 dos apuntes, que sería bo que lerades xunto cos apartados 2.3, 2.4 e 2.5. DESCARGAR APUNTES

Déixovos tamén o vídeo da semana pasada por se non o víchedes aínda (debedes visualizalos por orde): As contradicións da prosperidade. O crac do 29. O New Deal: https://youtu.be/hobp1aGq17o 

PASO 2: Ver algún dos vídeos que deixo aquí para entender mellor este tema. 


El crack del 29 y la Gran Depresión (La Academia Play):  https://www.youtube.com/watch?v=sxqzgjizzdo

Wall Street- El crack del 29-Documental completo: https://www.youtube.com/watch?v=oqfNgt6bzfc

1929, la gran depresión: https://www.youtube.com/watch?v=svvJevKve6A

PASO 3: Esta semana non hai actividades de entrega para historia. Aproveitade para mandar a reseña se non puidéchedes por motivos técnicos e de conexión. O mesmo se tedes calquera actividade atrasada por este mesmo motivo. Especialmente os que me avisachedes de que non o podíades enviar, non vos preocupedes, e tratade de mandalo ata que se envíe. Hai dúas opcións alternativas a drive para mandalo:

  • WeTransfer.
  • Que o envíe un compañeiro por vos. 
Se o problema é que para envialo a un compañeiro non podedes facelo porque o vídeo está nun dispositivo diferente do móvil podedes probar a mandalo por Whatsapp web.

En resumo,  se tedes feito o traballo enviádeo cando vos sexa posible.

Aquí vos deixo unha vez máis o vídeo sobre como mandar vídeos por drive: https://www.youtube.com/watch?v=4JVKNoNXTMQ 

Se xa tedes todo enviado mirade as explicacións e algún dos vídeos, para estar ben informados cando toque traballar este tema. 

RECUPERACIÓN: Esta semana non hai actividades de recuperación. Espero que enviedes as pendentes. Quero recordarvos que tanto a terceira avaliación como a recuperación da primeira e a segunda realizaranse mediante unha avaliación por tarefas. Isto significa que podedes recuperar a materia mediante a entrega das tarefas da terceira avaliación e da avaliación ou avaliacións que teñades suspensas. 

No caso de non entregar as tarefas, teredes que acudir ao proba extraordinaria de setembro cos temas que dimos en clase Temas 1, 2, 3, 4 e 5. Por isto recomendo que entreguedes as tarefas.

RECOMENDACIÓNS: 

Recoméndovos unha serie que probablemente vos sone , "El Ministerio del Tiempo". É unha serie que tedes dispoñible en tve a la carta, deixo aquí o enlace: https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-ministerio-del-tiempo/. Nesta serie os axentes do Ministerio do Tempo poden viaxar no tempo cun único obxectivo, que a historia non cambie. Isto a veces é para ben, pero noutras ocasións atópanse con moitos dilemas morais, pois non poden evitar pensar que a historia sería mellor se certas personaxes non existiran. Ademais, coñecemos a todo tipo de pesonaxes importantes da historia de España e doutros lugares como Napoleón, Lope de Vega, Cervantes, Velázquez, etc.




Outra miniserie que vos pode interesar é Mrs. América de HBOAmbientada nos anos 70,  trata sobre Phyllis Schlafly (Cate Blanchett), unha política conservadora que se opuxo á denominada "Enmenda da Igualdade de Dereitos", un proxecto de principios da década dos anos 20 que promovía a igualdade de dereitos nos EEUU. 

Phyllis como moitas mulleres da súa época consideraba que a aprobación da Enmenda arrastraría ás mulleres a participar forzosamente no exército, perdendo así os seus "privilexios" como amas de casa.

A serie aporta unha visión diferente da loita polos dereitos da muller co Movemento de Liberación Feminina durante a segunda onda do  feminismo (a primeira a estudamos ca Ilustración e o Sufraxismo), pois nos ensina á súa oposición a este movemento por parte das propias mulleres, así como o debate social que provocou naquela época entre mulleres como Phyllis e feministas como Gloria Steinem ou Betty Friedan. Tamén reflicte a importancia de personaxes como Shirley Chisholm, primeira muller afroamericana elexida como congresista dos EEUU e en presentarse a unha carreira presidencial neste país. 





Botádelle unha ollada se vos interesa algunha e se vos gustan xa me contades no correo. Boa semana a todos!



xoves, 7 de maio de 2020

AVISO

Debido aos problemas xeneralizados de conexión a internet que estades tendo moitos alumnos, amplíase o prazo da reseña dos anos 20 ata o luns 11 de Maio. Se estades tendo problemas para enviar o vídeo avisádeme ao correo.

luns, 4 de maio de 2020

AS CONTRADICIÓNS DA PROSPERIDADE. O CRAC DO 29


Ola chicxs! Estes son os pasos a seguir esta semana. Deixo tamén unha actividade de recuperación da 1ªavaliación:

PASO 1: Ver a explicación de youtube desta semana. Se trata de un resumo dos apartados 2.2, 2.3 e 2.4 dos apuntes, onde fago un resumo do crac do 29. Continuarei co mesmo tema a semana próxima, ampliando o tema do crac do 29 e poñerei unha actividade sobre este tema.

As contradicións da prosperidade. O crac do 29. O New Deal: https://youtu.be/hobp1aGq17o

Tamén vos deixo aquí de novo os apuntes deste tema actualizados, é dicir, mellorados nalgún apartado DESCARGAR APUNTES




PASO 2:  Esta semana o que tedes que facer é rematar as reseñas que hai que entregar o mércores 6 de maio. Esta semana non hai actividades obrigatorias, rematade a reseña dos anos 20 e enviádea.

PASO 3: Aquí vos deixo vídeos que é recomendable ver para entender este tema, e que o explican moi ben:

El crack del 29 y la Gran Depresión (La Academia Play):  https://www.youtube.com/watch?v=sxqzgjizzdo

Wall Street- El crack del 29-Documental completo: https://www.youtube.com/watch?v=oqfNgt6bzfc

1929, la gran depresión: https://www.youtube.com/watch?v=svvJevKve6A


RECOMENDACIÓNS: Se os vedes e vos gustan xa me comentades no correo.

Videos de Ter: 


LO MÁS ÚTIL QUE APRENDÍ EN EL COLEGIO: https://www.youtube.com/watch?v=3C_-kVGDeIQ

Película Tiempos Modernos de Chaplin, do ano 1936, onde critica as duras condicións da clase traballadora nesta época: https://www.youtube.com/watch?v=HAPilyrEzC4 

RECUPERACIÓN 1ªAVALIACIÓN (PRAZO LUNS 11 DE MAIO): Esta semana  traballaremos o Tema 3: A Revolución Industrial. A actividade consiste en realizar unha receta para crear a Revolución Industrial. Tedes que facer unha receita de cociña con:

  •  Ingredientes necesarios para crear unha Revolución Industrial e cantidades. Exemplo: 100 gr de innovación tecnolóxica, 2 culleradas de imperios coloniais, mesturar e bater, etc.
  • Proceso de elaboración: como preparar os ingredientes, como mesturalos, como cociñalos, etc.
Esta actividade a fixemos en clase e creo que sabedes como funciona. Nos ingredientes e as súas cantidades tedes que ter en conta as características da Revolución Industrial. Podedes poñer fotos.

As receitas teñen que estar mínimamente elaboradas. Non vale entregar calquera cousa por entregar. As facedes a man sacando foto ou a ordenador en word (eu prefiro a ordenador). Poñede o voso nome no documento e curso. Exemplo: NereaMiguelez4C. Despois mandádeas ao correo: nereamiguelezgonzalez@gmail.com

Déixovos os apuntes da Revolución Industrial. DESCARGAR APUNTES




Aquí vos deixo os resultados do kahoot da Revolución Rusa, pois olvideime de subilos a semana pasada. xa sabedes que tedes todos un positivo por participar:

1
Cris Glez
30878
2
Adrián Rozados
29227
3
Marco EC
29166
4
Alex Fabra
29092
5
Iago DT
27495
6
Sofía
26698
7
Lorena Gonzalez
25608
8
XOANA AM
25427
9
Saray Fiilloy
24246
10
Paula Suárez
23516
11
Antía Cajide
23275
12
Ruben Lopez
23227
13
María Gutiérrez
23215
14
Lucas Varela
21979
15
Pablo. C
21781
16
Roi Garcia
21580
17
Paula Montouto
21518
18
Noa Rodríguez
20482
19
Manuel Rodriguez
19570
20
Sheila
19523
21
SabelaTato
19365
22
Alberto M.
19070
23
Almudena
18309
24
Lucía Grela
17766
25
Nerea Órrea
16990
26
Paula Buján
16959
27
Leila
16877
28
Juan Castillo
16874
29
Antía López 4A
16621
30
Leire
15996
31
Naiara
15711
32
Sabela Novo
15249
33
Carla
14907
34
Brais Caetano
14441
35
Rubén Barreiro
14433
36
Sandra Álvarez
14427
37
Cristina F.
14258
38
Carmen Maril
13788
39
Irune Pérez
13495
40
Rocío
13007
41
Nancy
12466
42
Brais Rodríguez
12155
43
Mariem.Khallouk
8903
44                      Diego Pérez                                                                     3825