luns, 30 de marzo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES E AVISOS


Ola a todxs!

MOI IMPORTANTE, LER ISTO CON ATENCIÓN:
-        Os que non enviachedes actividades pasadas pero teñades pensado facelo, mandade todas as actividades atrasadas  xuntas.

-        Non me mandedes as actividades de unha en unha salvo que só teñades pensado mandar esa actividade.

-        AS ACTIVIDADES 3 E 4 PUNTUAREINAS CON NOTA E MANDAREIVOS AS CORRECCIÓNS. QUEN NON AS PODA FACER AS FARÁ Á VOLTA, E TAMÉN LLES POÑEREI NOTA. QUEN AS FAGA AS DEIXA FEITAS.

-        TEDES DÚAS SEMANAS A CONTAR DENDE HOXE PARA ENVIARME AS TAREFAS QUE COLGO HOXE. TAMÉN SE APLICA ESTE PLAZO DE DÚAS SEMANAS PARA MANDAR AS ACTIVIDADES ATRASADAS.

VOU SUBIR AS ACTIVIDADES OS LUNS  pola mañá,

OS PRAZOS SON FLEXIBLES, ESPECIALMENTE EN CASOS DE ENFERMIDADE, FALTA DE CONEXIÓN, ETC. SEMPRE QUE FAGADES AS ACTIVIDADES MANDÁDEAS POR FAVOR.




RANKING KAHOOT
42739
41124
Hugo Vidal
40520
Antía Cajide
38241
Lucas Varela
36466
Paula Suárez
34643
Saray Filloy
34618
Juan Castillo
34554
Ruben López
31855
Almudena Villanueva
31093
Sandra Álvarez
30510
Noa Rodríguez
29107
Lorena González
28394
Alex González Fabra
28081
Diego Pérez
27092
Nerea Órrea
26531
Naiara Gómez
25731
Nancy  Sueiro
25667
Xoana Arincón
25556
Leila Rey
25454
Carmen Maril
25329
Lucía Grela
25132
Rocío Clemente
24743
Roi García
24517
Brais Caetano
24209
Cristina González
24068
Carla Lorenzo
23482
Marco Espiño
21376
Adán Baúlde
21206
Sheila Viéitez
20726
Saray Filloy
18831
Antía Blanco
18080
Lucía
17754
Rubén
17554
Sheila Viéitez
4001

RANKING MAPAS INTERACTIVOS

EUROPA (DE 480 PUNTOS POSIBLES)

  1. LUCÍA GRELA 477 EN 545 SEGUNDOS
  2. IAGO DIÉGUEZ 475 PUNTOS
  3. ANTÍA CAJIDE 474 en 257
  4. LORENA GONZÁLEZ 469 EN 266
  5. CRISTINA GONZÁLEZ 469 PUNTOS EN 423
  6. NOA RODRÍGUEZ 468 EN 333
  7. PAULA SUÁREZ 455 en 243
  8. SANDRA ALVAREZ 453 EN 202
  9. SHEILA VIEITEZ 451 EN 316
  10. ALMUDENA 450 EN 207
  11. SARAY FILLOY 444 en 342
  12. SABELA TATO 442 en 316
  13. MARCO ESPIÑO 437 en 327
  14. XOANA ARINCÓN 422 EN 313
  15. CARMEN MARIL420 EN 380
  16. ANTÍA LÓPEZ 365 EN 383
  17. CRISTINA FANDIÑO 318 en 240

ÁFRICA (DE 450 PUNTOS POSIBLES)


  1. LORENA GONZÁLEZ 579 en 554 SEGUNDOS
  2. ANTÍA CAJIDE 550 EN 264
  3. SANDRA ALVAREZ 550 EN 327
  4. ALMUDENA VILLANUEVA 523 EN 268
  5. SARAY FILLOY 519 en 342
  6. NOA RODRÍGUEZ 512 EN 368
  7. PAULA SUÁREZ 505 EN 285
  8. SHEILA VIEITEZ 497 EN 320
  9. IAGO DIÉGUEZ 485
  10. XOANA ARINCÓN 480 EN 313
  11. SABELA TATO 476 EN 482
  12. LUCÍA GRELA 476 EN 701
  13. CRISTINA GONZÁLEZ 469 PUNTOS EN 531
  14. XOANA ARINCÓN 466 EN 573
  15. MARCO ESPIÑO 422 en 542
  16. CARMEN MARIL412 EN 514
  17. ANTÍA LÓPEZ 341 en 417
  18. CRISTINA FANDIÑO 283 en 315


ACTIVIDADE 1: ESCRIBIR CARTAS DENDE A GUERRA: Despois de facer a actividade anterior, agora debedes redactar vos unha carta poñéndovos no papel dos soldados e explicando as circunstancias da guerra. Se non cumprides as normas da actividade, a nota será máis baixa. Normas para a realización desta actividade:
1) Pode ser a ordenador ou a man EN GALEGO, pero sempre nunha folla en branco non nunha folla de libreta. Se a facedes a man, que sexa unha letra lexible, e se queredes, sería interesante que decorásedes a carta para darlle un aspecto antiguo: creándolle un selo, desgastando os bordes, pintándoa con todos ocres, poñéndolle un sobre, botándolle café, emborronando con lápis, etc. Hai moitas técnicas.


2) Se o facedes a ordenador, chamádelle ao voso documento de word ou oppenoffice polo voso nome, primeiro apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4ºA. Obviamente, se a facedes a ordenador non fai falta imprimila de momento.

Se a facedes a man, mandade unha foto da carta.

3) Debe ter marxes o voso texto.

4) Non a fagades no caderno nin o peguedes nel. Despois de mandarma a gardades. Posiblemente faremos un mural con elas á volta.
5) Debedes contextualizar espacial e temporalmente á vosa personaxe dentro da guerra. Isto quere dicir que hai que poñer:  o ano, o bando ao que pertence, o lugar onde combate, o nome da vosa personaxe na firma do final, a quen se dirixe, etc. Hai que poñer unha data e un lugar.
6) As cartas teñen sempre un encabezamento co destinatario ao que se dirixen.
7) A carta debe explicar a vosa situación durante a guerra. Como vos sentides, que cousas suceden na trincheira e no campo de batalla. Posibles temas (son só algúns exemplos):Podedes describir o espazo, a sensación de estar nunha trincheira, a fame, a sucidade, os bombardeos, a sensación de ser atacados con gas, o medo ao saír da trincheira e avanzar cara o inimigo, falar dos xornais das trincheiras, da propaganda que fixeron para recrutalos, da súa opinión sobre a guerra, sobre o inimigo, etc.

8) MOTIVOS PARA TER UNHA MALA NOTA OU SUSPENDER O TRABALLO:     
   - Facer un resumo dos apuntes ou de calquera tipo de información de internet.          
        
    - Facer unha carta que non explique nada sobre a guerra. Exemplo: simplemente unha carta romántica ou familiar, sen explicar nada. 

A carta debe amosar que coñecedes cousas sobre a Primeira Guerra Mundial, sen convertela nun resumo de información. Debe ser persoal. Si se poden incluír datos ou características da IGM pero como se un soldado llo conta a outra persoa (e que non se convirta a carta en recitarlle información a outra persoa)
9) Ao final dos apuntes  tendes un apartado que pon “CARTAS DENDE A GUERRA”. Son unha serie de testemuñas de soldados da guerra que escribiron cartas sobre como se sentían . Quero que as leades para que vos sirvan de inspiración. A vosa debe ser inventada E NON PODE PARECERSE AOS EXEMPLOS DE CARTAS QUE TEDES NOS APUNTES NIN A NADA DE INTERNET, NESE CASO SERÁ PLAXIO E SUSPENDERASE. SE NAS CARTAS DE DOUS ALUMNOS SE DETECTA UN PARECIDO MOI GRANDE, SERA MOTIVO PARA SUSPENDER O TRABALLO.

10) Se o escribides a ordenador o texto debe estar xustificado, isto quere dicir que debedes aliñar o texto para que todas as liñas do final do mesmo rematen á mesma altura. En word ou en oppenoffice tedes a opción de facelo na barra de ferramentas, nun recadro que ten  as liñas  ordenadas ou na opción Ctrl+ J.


11) Ten que haber varios parágrafos. Non quero textos que sexan un único texto todo seguido, debedes dividir en parágrafos sempre. Isto non significa que a cada frase que poñades teñades que poñer un punto e aparte. Senón que cada certo número de liñas (principalmente cada vez que cambiamos de tema ou idea) temos que poñer un punto e aparte e facer un novo parágrafo

12) Puntuación dos textos: Na inmensa maioría das veces non puntuades ben os textos, de xeito que non se entenden ben. Normalmente tendemos a facer frases longas e sen comas. Isto é un erro. É moito mellor facelas máis curtas e poñer puntos e seguido, e tamén incluír comas.  Eu non vos aconsello que utilicedes o recurso aos puntos e como (;) porque normalmente os utilizades mal (se usan sobre todo para facer enumeracións de cousas que implican frases enteiras). Polo tanto vos recomendo que en vez de puntos e coma poñades punto e seguido. Para puntuar ben un texto é recomendable ler o texto en alto. Se podemos ler o texto sen problemas e o entendemos, é que está ben puntuado. Se ao ler o texto non ten o sentido que lle queredes dar  ou vos afogades ao ler, é que está mal puntuado.


Este traballo é semellante ao que fixemos cas cartas do imperialismo. É un traballo que vai ter unha nota, co cal os que o entreguen xa terá unha nota asociada. Os que non, terán que facelo cando volvamos a clase.


ACTIVIDADE 2: FAI UN CARTEL PROPAGANDÍSTICO AO ESTILO DA IGM: Debuxa nun folio ou noutro soporte (nun folio en branco, en cartón, cartulina, madeira, etc,  o que teñas na casa) que ti queiras 

un cartel propagandístico da Primeira Guerra Mundial. Podedes facelo co materia que queirades: rotuladores, lápices, acuarelas, etc. Pasos:


-         Facer o debuxo do cartel.



-      Por detrás do debuxo (ou noutra folla se  así vos é máis cómodo, incluso se pode poñer a ordenador), poñer a máxima información que atopedes del :
-         o país ao que pertence, 



-     e o ano se aparece na información
-         o que pretende o cartel (de que quere convencer aos lectores do mesmo, con que intención se fai)

-        se está noutro idioma a tradución do texto do cartel a galego,



-     calquera información que atopedes do cartel (sobre as

      personaxes que aparecen nel, sobre a súa mensaxe,  curiosidades, TODO O QUE ATOPEDES). Se non atopades o que pido nalgún destes apartados non vos preocupes, vos poñede o que atopedes, nin máis nin menos.


-   que puntos do decálogo da propaganda de guerra se poden ver reflectidos no cartel, etc. A continuación explico este apartado: O decálogo da propaganda de guerra (nos apuntes aparece no apartado 4.3) son  10 principios descubertos polo político pacifista Arthur Ponsonby na súa obra a falsidade en tempos de guerra:

      As mentiras da propaganda da Primera Guerra mundial (1928) na que expón como as nacións belixerantes mentiron ao inimigo   e as súas propias poboacións para facer da guerra unha causa xustificada. 

Debedes ler os 10 principios e recoller na información do 
voso cartel, cales dos principios da propaganda de guerra
podemos ver nel e por que (se tedes dúbidas escribídeme).

- Finalmente, mandades unha foto do debuxo 
e da información.  Hai un montón deles en internet, non é necesario que sexa un dos que aparecen nos apuntes. 

. ESPERO RECIBIR AS VOSAS OBRAS DE ARTE! PUBLICAREI ALGUNHAS NO BLOG :)





























Aquí tedes algunhas webs con ideas:

ACTIVIDADE 3: A TREGUA DO NADAL DURANTE A IGM (1914): Quería que virades o seguinte vídeo que explica que foi a Tregua do Nadal do ano 1914. Sucedeu na fronte occidental entre ingleses e alemáns: https://www.youtube.com/watch?v=neX6YrqeKxE.
Ademais nos apuntes incorporei un apartado (o apartado 3.3) cunha explicación sobre o que foi, que podedes atopar na nova versión dos apuntes (non fai falta imprimila, só a deixo para que poidades ler este apartado). Paréceme un suceso moi interesante e do que merece a pena saber. DESCARGAR APUNTES. Se vos gustou saber deste episodio comentádemo no correo cando me mandedes as actividades.




Ademais, hai unha película sobre este suceso. Eu non a vin pero teño pensado facelo. Aquí vos deixo o tráiler para quen lle interese: https://www.youtube.com/watch?v=YhBtOcxpTog
  

RECOMENDACIÓNS: Non son traballos, só recomendacións para facer máis amena a cuarentena.

RECOMENDACIÓNS DE SERIES: Para os que teñades Netflix, recomendo moito para estes días de cuarentena a serie Anne with an E, unha nova versión do clásico “Anne de las Tejas Verdes”



PELÍCULA: Unha película histórica que eu sempre recomendarei é “Gladiator” protagonizada por Russell Crowe. Ambientada na época do Imperio Romano amósanos a vida dun gladiador hispano chamado Máximo. Está dispoñible en Netflix. 

Se vedes algunha recomendación é vos gusta comentádemo nos correos!



ESPERO RECIBIR MOITAS CARTAS E MOITOS DEBUXOS VOSOS! ESTOU SEGURA DE QUE O FAREDES XENIAL PORQUE SODES MOI CREATIVOS!

DESPÍDOME CUNHA PALABRA LATINA: “VALETE”. EN LATÍN “VALETE” ERA O SAÚDO HABITUAL DE DESPEDIDA (COMO PARA NÓS DICIR ADEUS) E LITERALIMENTE SIGNIFICA “QUEDA BEN EN SAÚDE”. DESÉXOVOS O MELLOR A TODXS. CALQUERA DÚBIDA ME DICIDES!







sábado, 21 de marzo de 2020

AVISOS

Ola a todxs, tres avisos:

MAPAS MUDOS: deixo aquí un mapa mudo de Europa e outro de África para quen os deixase no insti, aínda que calquera mapa mudo de internet vale, e se xa imprimíchedes un non o cambiedes. Se non tedes ningún mapa nin tampouco impresora, facédelo á volta.

DESCARGAR MAPAS

PRAZOS DE ENTREGA: Aínda que enviar as actividades é opcional (para obter un positivo), e tedes unha semana para facelo, para evitar agobios déixovos envialas sen prazo e cando podades. O kahoot si que se mantén para o martes. E o ranking dos países o subirei nunha semana (o venres, pero vos podedes mandarme as puntuacións cando podades aínda que sexa máis tarde, para que vos poña a nota. 

CUESTIONARIO: Se podedes cubride este cuestionario sobre as actividades, só leva uns segundos:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewQfU4f4m1RYvNaYnS81LsxpQDSD3FhFYPZI-CXlRMRVWVcA/viewform?usp=sf_link

venres, 20 de marzo de 2020

CUESTIONARIO ACTIVIDADES

Cando miredes/ fagades todas as actividades por favor cubrídeme este cuestionario sobre as mesmas, se fósedes sinceros e o cubrírades sería de gran axuda para min https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewQfU4f4m1RYvNaYnS81LsxpQDSD3FhFYPZI-CXlRMRVWVcA/viewform?usp=sf_link

KAHOOT E ACTIVIDADES CON MAPAS

Feliz venres a todxs! AVISOS IMPORTANTES:

- OS QUE QUERAN FACER TODAS AS ACTIVIDADES QUE RECOMENDO E MANDARMAS, POR FAVOR QUE ME MANDEN A MAIOR CANTIDADE DELAS XUNTAS.

-AS ACTIVIDADES QUE MANDO (SALVO QUE MARQUE UN PRAZOS ESPECÍFICO COMO É O CASO DO KAHOOT, DOS MAPAS INTERACTIVOS OU DA ACTIVIDADE DAS CARTAS -ESTA ÚLTIMA IRÁ SEN PLAZO PORQUE SE PODERÁ ENTREGAR Á VOLTA) TEÑEN UN PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA DUNHA SEMANA DENDE QUE AS PUBLICO. SE AS FACEDES E NON ME MANDADES CORREO NON PASA NADA, CONTARÁN NA NOTA DO CADERNO. SE NON  FACEDES AS OBRIGATORIAS COMO OS ESQUEMAS, A PELI E OS MAPAS, TEREDES QUE FACELO Á VOLTA, E VANSE ACUMULAR. Para os despistados as actividades obrigatorias polo momento son:
- Esquemas apartados 5 e 6. 
-Traballo da película.
- Localización de países nos mapas.

- RECUPERACIÓN: Na recuperación entra todo o que demos neste trimestre. As persoas que só teñen que facer un parcial, xa lles avisei eu de forma particular por correo. Para os demáis entra:

  • Tema 3: A Revolución Industrial. Apartado 10.2.
  • Tema 4: Grandes Transformacións do Século XIX: Todos os apartados menos o apartado 5 (Segunda Revolución Industrial) que non entra.
  • Tema 5: A Primeira Guerra Mundial (apartados 1, 2 , 3)
Esto para quen quera ir repasando. A data do exame de recuperación a fixaremos á volta en función do que vos veña mellor, así que non vos preocupedes.

- ACTIVIDADES: As novas actividades son as seguintes:

ACTIVIDADE 1: KAHOOT DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (ACTIVIDADE VOLUNTARIA) : Nos últimos días de clase fixemos un kahoot de varios temas, pero tiñamos pendente facer un só da Primeira Guerra Mundial. este kahoot sirve para repasar contidos vellos para aqueles que teñan a recuperación, e tamén contidos novos (apartados 4 e 5 dos que fixechedes o esquema esta semana). Instruccións para realizar o kahoot:
  1. O kahoot está dispoñible como challenge (reto) ata o Martes ás 12.00 da mañá. Simplemente podedes acceder a el a través de este enlace: https://kahoot.it/challenge/0934809?challenge-id=8b51fce1-9a4b-405e-8733-b127ef03c0ba_1584705442338. 
  2. Debedes meter este PIN: 0934809.
  3. A opción que debedes escoller é a de Classic, dado que xogades de forma individual e non por grupos. Metede no nickname por favor o voso nome e o primeiro apelido se vos deixa.
  4. Neste kahoot hai dous tipos de preguntas novas, que decidín meter ao final (son as dúas últimas):  O puzzle no cal tendes que ordenar acontecementos por orde cronolóxica poñendo o primeiro que sucedeu arriba de todo e o que máis tarde sucedeu abaixo. Esta sería a antepenúltima pregunta. Despois na última tedes a opción de marcar varias respostas como verdadeiras. A partir de agora introducirei este tipo de preguntas novas, pero para que vos acostumbredes neste kahoot só hai dúas, as dúas últimas.
  5. En principio podo ver a todos os participantes, pero en caso contrario deixarei por aquí un aviso para que me mandedes unha foto ou captura de pantalla do voso resultado, para que eu apunte que o fixéchedes e así levaredes un positivo. En principio, como vos digo, eu poderei ver quen participa e quen non e xa o anotarei, pero por se acaso sacádelle unha foto cando o fagades á vosa puntuación. 

ACTIVIDADE 2: OS PAÍSES NO MAPA (ACTIVIDADE OBRIGATORIA, TEÑEN QUE ESTAR OS MAPAS COMPLETOS Á VOLTA): A actividade consiste en poñer nos mapas os seguintes países:

EUROPA: Países que nos faltan e países fronteirizos. Hai países moi pequenos, que deberedes marcar cun punto no mapa (vos recomendo poñer números e escribir os nomes fóra do mapa):
  1. Andorra
  2. San Marino
  3. Liechtenstein 
  4. Vaticano
  5. Mónaco 
  6. Marrocos
  7. Argelia
  8. Túnez 
  9. Siria 
  10. Líbano
  11. Irak
  12. Irán 
  13. Georgia
  14. Azerbaiyán 
  15. Armenia
  16. Mar Caspio
  17. Kazajistán 
ÁFRICA: Pode suceder que teñades que debuxalos como é no caso de Cabo Verde e Eritrea por exemplo 
  1. Cabo Verde
  2. Eritrea 
  3. Guinea
  4. Sierra Leona
  5. Costa de Marfil
  6. Ghana
  7. Benín 
  8. Togo 
  9. Níger 
  10. Nigeria 
  11. República Centroafricana
  12. Camerún 
  13. Gabón
  14. Guinea Ecuatorial 
  15. Yibuti
  16. Uganda 
  17. Gambia
  18. Mali
  19. Burkina Faso
Así, ambos mapas deberían quedar completos. Podedes enviarme unha captura co mapa se queredes que o apunte como positivo. 

ACTIVIDADE 3: XOGOS INTERACTIVOS CON MAPAS (ACTIVIDADE VOLUNTARIA):

Para estudar e repasar os países propóñovos os seguintes xogos interactivos:



Europa



Os que fagades esta actividade e me mandedes unha foto ou captura da vosa puntuación recibiredes un positivo.  O positivo NON DEPENDE DA VOSA PUNTUACIÓN. Tedes para facelo ata o Martes, o mesmo prazo que o Kahoot.



EU PUBLICAREI DESPOIS DO MARTES:

-O PODIO DO KAHOOT

-OS MELLORES RESULTADOS NOS MAPAS INTERACTIVOS

SE IDES FACER AS TRES ACTIVIDADES E QUEREDES QUE CONTEN COMO POSITIVO, MANDÁDEME NO CORREO A REALIZACIÓN DAS TRES XUNTAS. 

RECOMENDACIÓNS (VOLUNTARIAS):

Recoméndovos o seguinte documental sobre a Primeira Guerra Mundial (se alguén me manda foto do caderno cas súas impresións sobre o documental, conta como positivo. Podedes velo sen máis ou non velo) : https://www.youtube.com/watch?v=snN15HaTue8&t=1859s 

Recoméndovos ver o seguinte vídeo de Jaime Altozano falando sobre o coronavirus: https://www.youtube.com/watch?v=Fg-wo_MCq6g

Calquera dúbida ao correo! Espero que esteades todos ben!





mércores, 18 de marzo de 2020

Ola chicxs! Porfavor todos os que non esteades podendo ver a carpeta ca película que me escriban por correo e lles dou unha solución alternativa!

martes, 17 de marzo de 2020

PELÍCULA E ESQUEMAS


Ola chicxs! Espero que esteades todos ben e pasando esta situación tan excepcional do mellor xeito posible. Para non aburrirnos tanto nin perder a rutina de traballo, puxen a andar este blog para colgar contidos, pelis, xogos, tarefas, actividades, kahoots da miña materia.

Todas as semanas subirei varios días actividades para facer que me poderedes entregar nas seguintes contas de correo: nereamiguelezgonzalez@gmail.com ou judy.mg.93@gmail.com. Calquera dúbida mandádema a través delas. Eu sempre mando un correo de "recibido" cando me mandades as actividades, se vedes que non o mandei intentade escribirme de novo ou deixademe un comentario no blog

É moi importante que tratedes de facelas para que non se nos xunte todo á volta.

As previstas para hoxe son as seguintes (NON AS TEDES QUE MANDAR HOXE, FACÉDEAS NOS PRÓXIMOS DÍAS):

ACTIVIDADE 1: ESQUEMAS: Esta a poño aínda que xa avisei presencialmente: Debedes facer os esquemas dos apartados 4 e 5  do tema 5: A Primeira Guerra Mundial no caderno. Aínda que sexa algo aburrido é unha actividade que vos axuda a ir lendo o tema e a asimilar os contidos. Revisarei que a fixechedes cando mire os cadernos, pero se queredes que conte dende xa como un positivo, mandádeme a foto do caderno nun mail ao meu correo.


ACTIVIDADE 2: PELÍCULA "1917": Visionado da película "1917". Xa empezamos a ver esta película na clase pero gustaríame que a vírades na casa. É unha película moi entretida e visual que nos axuda a imaxinar a realidade da fronte durante a Primeira Guerra Mundial.


Quero que vexades a película e que cando rematedes me fagades:

1) Un resumo da mesma.

2) Que me expliquedes, que cousas víchedes na película que comentásemos nós na clase ou que aparezan nos apuntes. En resumo, que me expliquedes a relación que existe entre a película e a materia de Historia.

3) Que fagades unha valoración crítica da película: se vos gustou ou non é por que, que cousas puidéchedes aprender ou imaxinar véndoa, etc.

Non é necesario que lle poñades título a estos apartados, simplemente quero que recollades esos tres temas na vosa actividade, pero podedes facer o texto todo seguido sen poñer títulos nin apartados.

Esta actividade debe aparecer recollida no voso caderno: xa sexa escribíndoa a man ou nun documento de word e despois imprimíndoa e meténdoa ou pegándoa no caderno (revisareina cando mire os cadernos). E ademais debedes enviarma por correo se queredes que conte dende xa como realizada e ter un positivo na materia: o mesmo, en word ou simplemente sacándolle unha foto ao caderno.

NORMAS PARA A SÚA REALIZACIÓN:
  1. Debe incluír nome e apelidos e o voso curso.
  2. Debe ter marxes o voso texto.
  3. Se o escribides a ordenador o texto debe estar xustificado, isto quere dicir que debedes aliñear o texto para que todas as liñas do final do mesmo rematen á mesma altura. En word ou en oppenoffice tedes a opción de facelo na barra de ferramentas, nun recuadro que ten  as líneas  ordenadas ou na opción Ctrl+ J.
  4. Ten que haber varios parágrafos. Non quero textos que sexan un único texto todo seguido, debedes dividir en parágrafos sempre. Isto non significa que a cada frase que poñades teñades que poñer un punto e aparte. Senón que cada certo número de liñas (principalmente cada vez que cambiamos de tema ou idea) temos que poñer un punto e aparte e facer un novo parágrafo
  5. Puntuación dos textos: Na inmensa maioría das veces non puntuades ben os textos, de xeito que non se entenden ben. Normalmente tendemos a facer frases longas e sen comas. Isto é un erro. É moito mellor facelas máis curtas e poñer puntos e seguido, e tamén incluír comas. Eu non vos aconsello que utlicedes o recurso aos puntos e como (;) porque normalmente os utilizades mal (se usan sobre todo para facer enumeracións de cousas que implican frases enteiras). Polo tanto vos recomendo que en vez de puntos e coma poñades punto e seguido. Para puntuar ben un texto é recomendable ler o texto en alto. Se podemos ler o texto sen problemas e o entendemos, é que está ben puntuado. Se ao ler o texto non ten o sentido que lle queredes dar  ou vos afogades ao ler, é que está mal puntuado.
Na opción "DESCARGAR" que aparece ao final desta entrada poderedes descargarvos a película e os subtítulos (estos aparecen nun documento aparte). Para ver a película tedes que:

  1. DARLLE A DESCARGAR DO DRIVE AO VOSO ORDENADOR (BOTÓN DA FRECHA PARA ABAIXO)
  2. UNHA VEZ DESCARGADA, ABRILA CO REPRODUCTOR VLC media player. Pulsades enriba da peli --> botón dereito --> VCL media player.
  3. Despois debedes arrastrar o arquivo cos subtítulos e soltalo enriba da ventana na que se está reproducindo a película. Esto o fixen eu na clase diante de vos, pero se tedes algún problema me mandades un correo.
Un saúdo e por favor escribídeme cas dúbidas ao correo eu deixádeas en comentarios! Un saúdo a todos.

DESCARGAR