mércores, 29 de abril de 2020

YOUTUBERS

Ola futuros youtubers ficticios, un pouco de humor para a tarefa de esta semana, para que vexades que a todo o mundo lle custa: https://www.youtube.com/watch?v=50S64cVgQoM 

PD: Recordade que a reseña non é necesario editala nin que sexa un vídeo moi longo, facédea como vos apeteza e guste máis.

Ánimo a todos!

luns, 27 de abril de 2020

O PERÍODO DE ENTREGUERRAS



Ola chicxs! Primeiro que nada felicitarvos a todos pola vosa participación no art challenge! Uns traballos xeniais os que recibín ata agora.

Coméntovos os pasos a seguir esta semana:

PASO 1: Ver as explicacións sobre o seguinte tema: Tema 7: A época de entreguerras. Aquí podedes descargarvos os apuntes. DESCARGAR APUNTES. Neste tema imos ver tres cuestións que podedes atopar nos apuntes:
  •  Os felices anos 20.
  •   Os tristes anos 30 e o crac de 1929.
  • O ascenso do fascismo italiano e do nazismo alemán.
Todo iso o tedes recollido nestes apuntes que fixen para que os poidades consultar para as actividades. Son 14 páxinas que con fotos e textos quedáronme 24, pero parécenme moi curiosas todas as fotos, gráficas e textos que aparecen e quería que os vírades.


Nos vídeos desta semana explico:
·      
Aquí tedes uns vídeos sobre os anos 20 moi útiles para a actividade que podedes ver esta semana:

Los felices años 20 y el crac del 29: https://www.youtube.com/watch?v=yu8eP7pfcAE (Resumo moi útil da década)

Los felices años 20 y el crac del 29: https://www.youtube.com/watch?v=UIls_LDmxCk (documental curto).

Música nos anos 20: https://www.youtube.com/watch?v=ssN2MKq9iUY

PASO 2: RESEÑA DOS FELICES ANOS 20 (PRAZO DE ENTREGA MÉRCORES 6 DE MAIO): Esta semana ídesvos poñer na pel dun youtuber que fai reseñas (opinións ou explicacións) sobre épocas da historia. Teredes que facer un vídeo normal, non é necesario editalo, podedes facelo se vos apetece pero non é un requisito. Nel explicaredes un dos temas que vou propoñer.

Deixo de prazo ata o mércores (non luns) para que o fagades con tranquilidade. Como digo, non ten que ser unha cousa moi elaborada, podedes ser simplemente vos falando dun tema sobre o que investigarades un rato. Se tedes calquera problema de prazo ou do que sexa avisádeme. Investigar sobre un destes temas:
  • O estilo de vida americano dos anos 20. American way of life
  • Moda anos 20.
  • Música dos anos 20. Calquera estilo musical desta época sirve: charleston, swing, cabaret, jazz, etc (ou todos).
  • Ocio nos anos 20.
  • Aparición do consumo de masas nos anos 20.
  •  Aparición da propaganda do consumo de masas nos anos 20 (publicidade dos anos 20)
  • Mulleres nos anos 20.
  • Cine nos anos 20.

De todos estes temas falo no vídeo dos felices anos 20. Se trata de investigar un pouco sobre un destes temas, e contar nun vídeo as cousas que vos pareceron máis interesantes. Eu vou dar un esquema cas partes da reseña (isto é orientativo, podedes organizar a explicación doutro xeito):


  •  Presentación do voso canal ficticio e creación dun saúdo para os vosos seguidores.
  • Presentación do tema: Nome do tema que ides analizar. Exemplo: Estilo de vida Americano.
  • Época na que sucede o voso fenómeno. Exemplo: se é un estilo musical ou un tipo de forma de vestir, en que anos apareceu esa música ou esa forma de vestir.
  • Descrición do fenómeno:  
  • 1) En que consiste.
  • 2) Cales son as súas características. Exemplo: Se é un tipo de música, por que se caracterizaba.
  • 3) Podedes poñer música ou engadir fotografías (só se sabedes e queredes facelo, se non, non pasa nada). Aínda así se falades de música podedes poñela simplemente co móbil ou co ordenador nalgún momento para explicar algo.
  • Poñer un exemplo concreto (se o voso tema permite facelo). Por exemplo se é de música falar dalgún cantante.
  • Valoración do tema: Opinión obxectiva sobre o tema (a súa importancia para a historia) e subxectiva (se vos resultou interesante ese tema ou non e por que). Neste último apartado hai que ser sinceros, pois pódese facer unha moi boa reseña sen necesidade de que ese tema vos gustase. O obxectivo precisamente é investigar sobre un tema e opinar despois de forma sincera sobre el.
Intentade captar a atención do espectador, isto supón que só debedes falar de cousas que podades contar cas vosas palabras. De nada sirve ler un guión todo o tempo pois así non aprenderedes nada nin vos, nin os espectadores (neste caso eu), e será todo moi aburrido e sen sentido. 

Non quero vídeos de xente lendo un papel todo o tempo. Polo tanto comentade só aquelas cousas que se vos quedaron da vosa investigación, non enchades o vídeo con datos e palabras que non entendedes. Ás veces, menos é mais, se o contido está ben explicado.

Gravades o vídeo e o enviades ao correo (non hai que subilo a ningunha parte). Se non sabedes mandar vídeos longos por gmail deixo aquí un vídeo cos pasos a seguir: https://youtu.be/4JVKNoNXTMQ

Non ten que ser un vídeo moi longo, a extensión a deixo á vosa consideración. O que si que ten que ser o suficientemente longo como para que o espectador se faga unha breve idea do tema.

Podedes escoller outro tema que se atope relacionado cos “Felices anos 20”. Nese caso escribídeme primeiro para que eu vos dea a miña opinión sobre se ese tema ven ao caso.

ESPERO VER PRONTO AS RESEÑAS :)




RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN (PRAZO LUNS 4 DE MAIO): Para esta actividade imos utilizar os apuntes do tema 4: Grandes transformacións do século XIX. DESCARGARAPUNTES. Neste tema estudamos o imperialismo en África e Asia. Quero que imaxinedes que sodes os habitantes dunha colonia africana ou asiática. Quero que elaboredes un cartel propagándistico anticolonialista:
  • Nel facedes un debuxo que sexa anticolonialista, é dicir, que se opoña á colonización dos europeos.
  • Ten que ter un lema, é dicir, unha frase curta que transmita a mensaxe do voso panfleto.
  • Ten que mencionarse o país ao que pertencedes de África ou Asia e o país que vos coloniza.
  • Tedes que incluír no propio panfleto unha lista de mínimo 5 argumentos  para opoñerte ao dominio colonial.
  • A maiores disto podedes incluír calquera cousa a maiores: varios debuxos dentro do cartel, varios lemas, etc.
  • Para inspirarvos tedes os apuntes do tema 4 e o tema 6 do libro. Non se pode copiar dun panfleto ou cartel que xa existe, tedes que inventar vos o debuxo.
  •  Se tedes dúbidas antes de facer nada escribídeme!

xoves, 23 de abril de 2020

AVISO

Ola chixs, se alguén non recibiu resposta ao seu traballo destes días (luns, martes e mércores) que me avise, porque eu respondín todos os correos pero tiven problemas co correo. Todos deberíades ter resposta miña de todo o que mandáchedes e as puntuacións dos traballos. Se non é así avisade. Un saúdo.

luns, 20 de abril de 2020

REPASO REVOLUCIÓN RUSA


Ola a todxs! Espero que tivérades unha boa semana. Quero que sepades que esta semana todos os traballos que me entregáchedes estiveron moi  moi ben, e que estou moi contenta cos resultados deste traballo!! Cando entreguedes todos os traballos vouvos deixar algúns traballos dos compañeiros por se queredes botarlles unha ollada. 


MANDAR  VÍDEOS: Para que saibades mandar vídeos longos fixen eu un e subino a youtube, explicándovos como mandar vídeos longos por gmail. Aquí tedes o enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=4JVKNoNXTMQ

Esta semana ímos repasar o que vimos na anterior, por iso non haberá nova explicación en youtube. Despois de explicar as actividades desta semana, falarei ao final da entrada do tema da recuperación. O prazo de entrega de todas actividades é o Luns 27 de Abril.

ACTVIDADE 1: KAHOOT DE REPASO DA REVOLUCIÓN RUSA: Tedes dispoñible un kahoot de repaso da Revolución Rusa. Non é necesario que me mandedes a puntuación porque eu podo ver as de todo o mundo.Para facelo utilicei a información dos apuntes que é a mesma que aparece nos vídeos.

Deixade o voso nome e apelido para que vos poda identificar. Estará dispoñible para facelo ata o Luns 27 de abril ata 12:00 p.m (mediodía). Para facelo soamente tedes que entrar en: 

Tedes un novo tipo de pregunta chamada Open-ended: Nestas preguntas tedes que meter unha palabra para responder á pregunta escribíndoa vos mesmos. Exemplo. En que país empezou a Primeira Guerra Mundial. Resposta: Bosnia.

ACTIVIDADE 2: ART CHALLENGE: Quedades oficialmente retados a realizar un art challenge.  Seríades capaces de reproducir unha obra de arte nas vosas casas? O reto consiste en escoller unha pintura ou escultura e intentar reproducilo. Teríades que mandarme ao correo a vosa foto e a do cadro ou escultura reais, así como o nome da obra, o seu autor e o ano ou época aproximada na que se fixo, e unha breve descrición na obra (se atopades os datos). Se queredes tamén me podedes comentar no correo con que materiais fixécehdes o reto. Podedes aparecer con calquera persoa que se quera sumar ao reto, non tedes que saír só vós!. É un reto que se está facendo moito nas casas co que tedes dispoñible nelas.  Quen o faga será tido en conta para nota como positivo.


ATREVÉDESVOS CO RETO?


Museo les pide imitar obras de arte con objetos de sus casas, este fue el resultado

Museo les pide imitar obras de arte con objetos de sus casas, este fue el resultado

Imitar obras de arte en casa, el reto viral (y cultural) del ...

Crean challenge en internet para imitar famosas obras de arte

Rafael Freyre on Twitter: "➤ 'El 'challenge' para imitar obras de ...

RECOMENDACIÓNS: Deíxovos uns vídeos que vos poden servir para facer as actividades desta semana ou que teñen algún interese para a materia. Se vedes algún dos vídeos contádeme a vosa opinión no correo. 

ANASTASIA DE DISNEY, LA VERDADERA HISTORIA: https://www.youtube.com/watch?v=M1iKdGeMBvs Javier Ruescas compara la historia de la película de animación "Anastasia" ca historia real. Personaxes como Anastasia ou Rasputín  da película son reais, queres saber como foron na vida real?

EVOLUCIÓN DE LAS VILLANAS DISNEY: https://www.youtube.com/watch?v=iiX_Fafh7zE Vídeo do booktuber Javier Ruescas no que fala da  evolución das villanas disney. Que teñen que ver co crac del 29?  Que teñen que ver papel social da muller no século XX?. Para descubrilo botádelle unha ollada, é interesantísimo,

RESUMEN DE TODA LA HISTORIA DEL ARTE; https://www.youtube.com/watch?v=-LxxI2FcdFE  Aquí temos a unha youtuber chamada Ter  que fai un repaso de toda a historia del arte. É unha youtuber moi entretida e penso que vos pode axudar a escoller algunha obra.



RECUPERACIÓN: Cada semana irei subindo actividades de recuperación que se corresponderán ca 1ª ou ca 2ª Avaliación. As persoas que teñan unha ou varias avaliacións suspensas terán que facer semanalmente o traballo da terceira avaliación (para subir nota) e as actividades de recuperación (para recuperar as avaliacións anteriores). Se só tedes que recuperar unha avaliación, por exemplo a 2ª, e esa semana non mando nada desta avaliación e só mando da 1ª, non tedes que facer as actividades da primeira. Só tedes que facer as actividades que se correspondan ca avaliación ou avaliacións que teñades suspensa. Se esa semana non mando nada da avaliación que tedes suspensa, só tedes que entregar as actividades ordinarias que ten que mandar todo o mundo. Dito isto, esta semana mandarei unha actividade sobre a primeira avaliación.

Así mesmo, teredes dispoñible unha carpeta na que suba os apuntes ou materiais necesarios para facer a recuperación. 

ACTIVIDADE DE RECUPERACIÓN DA PRIMEIRA AVALIACIÓN: Esta actividade está relacionada co tema 2 "As revolucións liberais". Quero que busquedes un acontecemento/ feito que tivese lugar durante a Revolución Francesa e que fagades o mesmo que fixechedes esta semana ca Revolución Rusa, é dicir, que fagades unha noticia escrita redactada por vós sobre ese feito, e despois a súa retransmisión por radio (audio) ou televisión (mandando un vídeo).  


Na carpeta que pon RECUPERACIÓN tedes os apuntes do Tema 2 e a presentación de power point. DESCARGAR CARPETA RECUPERACIÓN

 Para os máis despistados vou colgar outra vez as instrucións que deixei a semana pasada para esta actividade:

PASO 1: Escolledes un feito que sucede dentro desta revolución (buscar nos apuntes e na presentación de power point)

PASO 2: buscades información en internet sobre ese feito.

PASO 3: Redactades unha noticia (se pode ser a ordenador, e se non a man) na que contades os feitos como se fósedes reporteiros da época. Pasos:
·       
  •          Poñédelle un titular.
  •     Se o facedes a ordenador incluíde fotografías que ilustren ese feito. Explicade o que se está vendo nas fotografías.
  •     Podedes adornar a vosa noticia co formato que queirades: poñendo as letras do título en diferente tamaño, utilizando diferentes tipos de letra, etc.
  •     Contade os sucesos dun feito acontecido durante a Revolución Rusa cun ton periodístico, tratando de semellar que sodes reporteiros que viven en primeira persoa o que están contando. Intentádelle dar toda a intensidade que poidades, poñéndovos na pel dun reporteiro que ten que cubrir a noticia. Non é suficiente con copiar e pegar información. Tedes que redactalo vos mesmos (nótase bastante cando non é así). Tampouco consiste en inventar unha noticia, consiste en ler sobre a revolución e redactar vos mesmos unha noticia sobre ela.
  •     Se a mandades a ordenador poñédea co voso nome e apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A.
  • Tamaño da letra non superior a 12, salvo no título que pode ser máis grande.

PASO 4: Retransmitir a noticia por:
-      
     Opción 1: Televisión: Os que poidades, gravades un vídeo contando os sucesos da noticia como se estivésedes dando un informativo de televisión. Despois me mandades o vídeo xunto ca noticia redactada. Podedes poñerlle nome ao voso programa de televisión/ informativo, poñerlle música de fondo, en definitiva, engadirlle todos os elementos que vos apeteza e que fagan máis realista a retransmisión.

-        Opción 2: Radio: Se o preferides podedes gravar un audio en formato mp3 e crear un programa de radio. Podedes poñer música de inicio e de fin, poñerlle nome ao programa, etc. Os móviles teñen normamente unha aplicación chamada "gravadora" para facer audios. O gravades así ou pola aplicación que queirades, dádeslle a gardar e despois dádeslle á opción "compartir" e xa vos sae gmail para poder mandala por correo.

      Para inspirarvos déixovos como exemplo os traballos duns alumnos de 4ºESO que fixeron un traballo parecido, e a súa profesora de historia compañeira miña creou esta páxina para recoller os traballos: https://www.ivoox.com/podcast-a-voz-do-pasado_sq_f1878713_1.htmlA duración que vos recomendo é de 2 minutos pero non pasa nada se é máis ou menos.











xoves, 16 de abril de 2020

TITORÍA 4ºA

A partir de agora deixarei os avisos de titoría para 4ºA no blog, e tamén fixen unha carpeta para os documentos que son para estes alumnos. Entrade nela para descargar os documentos que adxunto CARPETA 4ºA.

martes, 14 de abril de 2020

AVISO NOTICIA

Por favor mirade ben o aviso que deixei cos exemplos porque algúns estades entendendo mal o traballo.

Aí especifico que non tedes que facelo igual que nos exemplos, VOS SÓ TEDES QUE FACER UNHA NOTICIA, E NOS EXEMPLOS ESES ALUMNOS DOUTRO ANO FIXERON UN XORNAL ENTEIRO. Só prentendía darvos algunha idea da forma do traballo.

MIRADE TAMÉN AS INSTRUCIÓNS POR FAVOR, AÍ SÓ PON FACER UNHA NOTICIA E GRAVALA, NADA MÁIS.  

OS EXEMPLOS QUE SUBÍN SON DUN TRABALLO SEMELLANTE PERO DIFERENTE, QUE ERA MOITO MÁIS LONGO.

EU NON PIDO UN XORNAL ENTEIRO, SÓ REDACTAR UNHA NOTICIA E POÑERLLE FOTOGRAFÍAS SE PODEDES. En ningún caso poñería unha semana para facer un traballo tan longo como o dos exemplos.


Se tedes dúbidas escribídeme ao correo.


EXEMPLOS DE NOTICIAS

Ola chicxs. Déixovos aquí uns exemplos que podedes ver para facer a noticia. Neste caso os alumnos que o fixeron tiñan que facer un xornal enteiro, por iso teñen varias partes, entrevistas, seccións de entretenimento, etc. Vos soamente tedes que facer a noticia, pero deixo os exemplos por se vos poden orientar. Se queredes engadir entrevistas por exemplo, estaría ben, pero eu o único que pido é unha noticia (podedes meter máis cousas se queredes,  pero non podedes por exemplo mandar unha entrevista sen unha noticia). Eles o fixeron da Revolución Industrial, recordade que vos tedes que facelo só da Revolución Rusa. Espero que vos axude, calquera dúbida ou problema que teñades co traballo escribídeme ao correo ou ao instagram. Un saúdo. DESCARGAR EXEMPLOS (hai 3: exemplo 1, exemplo 2, exemplo 3).

luns, 13 de abril de 2020

AVISO

Se xa vos descargáchedes a presentación en pdf do Tema 6 a Revolución Rusa da carpeta de drive, volvede a facelo, pois non sei por que non tiña as diapositivas sobre a morte da familia real e agora si (non van saír no vídeo porque non as tiña na presentación nese momento).  DESCARGAR PRESENTACIÓN

A REVOLUCIÓN RUSA


Ola a todxs. Espero que tiverades unha boa semana. Como vos dixen hoxe remata o prazo para mandar as actividades atrasadasAs actividades serán semanais, as subirei os luns e teredes de prazo ata o luns seguinte para envialas. Se tedes problemas para mandalos faládeme por favor.

Calquera dúbida faládeme ao correo ou ao instagram: nerea_aprofedehistoria.

EXPLICACIÓNS EN YOUTUBE: A partir de agora, como vamos a avanzar en materia decidín deixarvos colgadas nas clases vídeos en youtube no que eu explico a presentación do tema. Podedes acceder a eles a través do enlace. Van a ser vídeos por apartados, para que non sexan tan longos e porque se non é moi difícil subilos. As explicacións, os apuntes e as presentacións as subo para poder facer tarefas de temas novos. Non os tedes que estudar, só entender para facer as actividades.

Aquí tedes os enlaces das dúas primeiras sesións, nas que resumín todo o tema 6: A Revolución Rusa. Entre os dous suman uns 50 minutos, o equivalente a unha hora de clase presencial. Quedáronme un pouco longos, a partir de agora espero facelos máis curtos. Podedes acceder a eles a través dos seguintes enlaces:

Sesión 1: Nela explico o apartado 1 dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=5iKbDPg1uM4

Sesión 2: Nela explico o apartado 2 dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=JvUwX05gyd0

Calquera dúbida escribídeme no correo, e tamén podedes comentarme se entendedes os vídeos. Os comentarios están desactivados non sei por que, a ver se o podo arreglar.

APUNTES DO TEMA 6: A REVOLUCIÓN RUSA+ PRESENTACIÓN DE POWER POINT: Podedes descargar os apuntes do novo tema (A Revolución Rusa). Tamén vos deixo a presentación de power point. DESCARGAR PRESENTACIÓN E  APUNTES

Aquí vos deixo un enlace dun documental sobre a Revolución Rusa que vos pode axudar a entender mellor o tema:  https://www.youtube.com/watch?v=8rs8oTu_K2s

ACTIVIDADE: PERIODISTAS DURANTE A REVOLUCIÓN (PRAZO ATA O LUNS 20 DE ABRIL): Debedes redactar unha noticia como se fósedes reporteiros da época, que viven en primeira persoa os sucesos da Revolución Rusa.

PASO 1: Escolledes un feito que sucede dentro desta revolución (dos que explico no power point e que aparecen nos apuntes ou do documental que vos deixo abaixo). Exemplos: Domingo Sanguento, Revolución de outubro, Revolución de febreiro, Revolución de 1905, asalto ao Palacio de Inverno, toma de poder dos bolxeviques, asasinato do tsar e a súa familia, inicio da revolución, fin da revolución, creación da URSS, etc).

PASO 2: buscades información en internet sobre ese feito.

PASO 3: Redactades unha noticia (se pode ser a ordenador, e se non a man) na que contades os feitos como se fósedes reporteiros da época. Pasos:
·       
  •          Poñédelle un titular.
  •     Se o facedes a ordenador incluíde fotografías que ilustren ese feito. Explicade o que se está vendo nas fotografías.
  •     Podedes adornar a vosa noticia co formato que queirades: poñendo as letras do título en diferente tamaño, utilizando diferentes tipos de letra, etc.
  •     Contade os sucesos dun feito acontecido durante a Revolución Rusa cun ton periodístico, tratando de semellar que sodes reporteiros que viven en primeira persoa o que están contando. Intentádelle dar toda a intensidade que poidades, poñéndovos na pel dun reporteiro que ten que cubrir a noticia. Non é suficiente con copiar e pegar información. Tedes que redactalo vos mesmos (nótase bastante cando non é así). Tampouco consiste en inventar unha noticia, consiste en ler sobre a revolución e redactar vos mesmos unha noticia sobre ela.
  •     Se a mandades a ordenador poñédea co voso nome e apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A.

PASO 4: Retransmitir a noticia por:
-      
     Opción 1: Televisión: Os que poidades, gravades un vídeo contando os sucesos da noticia como se estivésedes dando un informativo de televisión. Despois me mandades o vídeo xunto ca noticia redactada. Podedes poñerlle nome ao voso programa de televisión/ informativo, poñerlle música de fondo, en definitiva, engadirlle todos os elementos que vos apeteza e que fagan máis realista a retransmisión.

-        Opción 2: Radio: Se o preferides podedes gravar un audio en formato mp3 e crear un programa de radio. Podedes poñer música de inicio e de fin, poñerlle nome ao programa, etc. Os móviles teñen normamente unha aplicación chamada "grabadora" para facer audios. O grabades así ou pola aplicación que queirades, dádeslle a gardar e despois dádeslle á opción "compartir" e xa vos sae gmail para poder mandala por correo.

      Para inspirarvos déixovos como exemplo os traballos duns alumnos de 4ºESO que fixeron un traballo parecido, e a súa profesora de historia compañeira miña creou esta páxina para recoller os traballos: https://www.ivoox.com/podcast-a-voz-do-pasado_sq_f1878713_1.htmlA duración que vos recomendo é de 2 minutos pero non pasa nada se é máis ou menos.

Con calquera das dúas opcións podedes facer un resumo da noticia escrita, para que non sexan longos. Podedes contar só o máis importante nesta parte, e despois eu xa leo todo o contido na parte escrita.

      Se tedes algún problema de medios para facer esta parte, dicídemo por correo.

Enviádesme por correo a noticia redactada e gravada en vídeo ou en audio. O prazo para enviar a noticia (escrita e gravada) é o próximo LUNS DÍA 20 DE ABRIL.

luns, 6 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Bos días alumnxs!

Como estamos en vacacións de Semana Santa, esta semana non subirei actividades novas para facer. Recordade que tedes ata o Luns 13 de abril para mandarme as actividades atrasadas. 

RECOMENDACIÓNS: Se estades aburridos, esta Semana Santa recoméndovos algunhas películas para ver (que si, son históricas de casualidade). Se vedes algunha e vos gusta comentádemo por correo. Déixovos o argumento das pelis, os tráilers e os carteis:

Sufraxistas (2015): Sobre un grupo de mulleres na súa loita pola adquisición do voto feminino. https://www.youtube.com/watch?v=XVw1MUzjthI

Ágora (2009): É unha película de Amenábar, ambientada en Alexandría (Exipto) durante o baixo Imperio Romano. A protagonista é a famosa Hypatia de Alexandría, unha muller que destacou na súa época como filósofa e científica, e que mesmo chegou a dirixir a escola platónica desta cidade. https://www.youtube.com/watch?v=XVSTwtmYXIw

Invictus (2009): Unha película da que falei na clase, na que podemos ver as consecuencias do apartheid en Sudáfrica, e como Mandela ao saír do cárcere encabezou un proceso de reconciliación nacional, no caso da peli utilízase o papel do rugby como ferramenta para isto. Está protagonizada por Matt Damon e Morgan Freeman, que nunca fallan. https://www.youtube.com/watch?v=zk9lt4SkwG4

 Braveheart (1995): Baseada na vida do heroe nacional escocés William Wallace e a Primeira Guerra da Independencia escocesa. https://www.youtube.com/watch?v=wo_EIFELKcI 
k     
       La lista de Schlinder (1993): Ambientada na Segunda Guerra Mundial, narra a historia de Oskar Schlinder, que axudou a salvar moitas vidas no terrible drama do Holocausto. https://www.youtube.com/watch?v=BmkchuRJ82w
       
       Regreso al futuro (1985): Non é unha película histórica, pero si de viaxes no tempo na que podemos ver diferentes épocas históricas, e simplemente mola moito.  https://www.youtube.com/watch?v=NDS1myoYUzs 












UN SAÚDO A TODXS! ESPERO QUE ESTEDES BEN :)