luns, 6 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Bos días alumnxs!

Como estamos en vacacións de Semana Santa, esta semana non subirei actividades novas para facer. Recordade que tedes ata o Luns 13 de abril para mandarme as actividades atrasadas. 

RECOMENDACIÓNS: Se estades aburridos, esta Semana Santa recoméndovos algunhas películas para ver (que si, son históricas de casualidade). Se vedes algunha e vos gusta comentádemo por correo. Déixovos o argumento das pelis, os tráilers e os carteis:

Sufraxistas (2015): Sobre un grupo de mulleres na súa loita pola adquisición do voto feminino. https://www.youtube.com/watch?v=XVw1MUzjthI

Ágora (2009): É unha película de Amenábar, ambientada en Alexandría (Exipto) durante o baixo Imperio Romano. A protagonista é a famosa Hypatia de Alexandría, unha muller que destacou na súa época como filósofa e científica, e que mesmo chegou a dirixir a escola platónica desta cidade. https://www.youtube.com/watch?v=XVSTwtmYXIw

Invictus (2009): Unha película da que falei na clase, na que podemos ver as consecuencias do apartheid en Sudáfrica, e como Mandela ao saír do cárcere encabezou un proceso de reconciliación nacional, no caso da peli utilízase o papel do rugby como ferramenta para isto. Está protagonizada por Matt Damon e Morgan Freeman, que nunca fallan. https://www.youtube.com/watch?v=zk9lt4SkwG4

 Braveheart (1995): Baseada na vida do heroe nacional escocés William Wallace e a Primeira Guerra da Independencia escocesa. https://www.youtube.com/watch?v=wo_EIFELKcI 
k     
       La lista de Schlinder (1993): Ambientada na Segunda Guerra Mundial, narra a historia de Oskar Schlinder, que axudou a salvar moitas vidas no terrible drama do Holocausto. https://www.youtube.com/watch?v=BmkchuRJ82w
       
       Regreso al futuro (1985): Non é unha película histórica, pero si de viaxes no tempo na que podemos ver diferentes épocas históricas, e simplemente mola moito.  https://www.youtube.com/watch?v=NDS1myoYUzs 












UN SAÚDO A TODXS! ESPERO QUE ESTEDES BEN :) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario