luns, 13 de abril de 2020

A REVOLUCIÓN RUSA


Ola a todxs. Espero que tiverades unha boa semana. Como vos dixen hoxe remata o prazo para mandar as actividades atrasadasAs actividades serán semanais, as subirei os luns e teredes de prazo ata o luns seguinte para envialas. Se tedes problemas para mandalos faládeme por favor.

Calquera dúbida faládeme ao correo ou ao instagram: nerea_aprofedehistoria.

EXPLICACIÓNS EN YOUTUBE: A partir de agora, como vamos a avanzar en materia decidín deixarvos colgadas nas clases vídeos en youtube no que eu explico a presentación do tema. Podedes acceder a eles a través do enlace. Van a ser vídeos por apartados, para que non sexan tan longos e porque se non é moi difícil subilos. As explicacións, os apuntes e as presentacións as subo para poder facer tarefas de temas novos. Non os tedes que estudar, só entender para facer as actividades.

Aquí tedes os enlaces das dúas primeiras sesións, nas que resumín todo o tema 6: A Revolución Rusa. Entre os dous suman uns 50 minutos, o equivalente a unha hora de clase presencial. Quedáronme un pouco longos, a partir de agora espero facelos máis curtos. Podedes acceder a eles a través dos seguintes enlaces:

Sesión 1: Nela explico o apartado 1 dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=5iKbDPg1uM4

Sesión 2: Nela explico o apartado 2 dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=JvUwX05gyd0

Calquera dúbida escribídeme no correo, e tamén podedes comentarme se entendedes os vídeos. Os comentarios están desactivados non sei por que, a ver se o podo arreglar.

APUNTES DO TEMA 6: A REVOLUCIÓN RUSA+ PRESENTACIÓN DE POWER POINT: Podedes descargar os apuntes do novo tema (A Revolución Rusa). Tamén vos deixo a presentación de power point. DESCARGAR PRESENTACIÓN E  APUNTES

Aquí vos deixo un enlace dun documental sobre a Revolución Rusa que vos pode axudar a entender mellor o tema:  https://www.youtube.com/watch?v=8rs8oTu_K2s

ACTIVIDADE: PERIODISTAS DURANTE A REVOLUCIÓN (PRAZO ATA O LUNS 20 DE ABRIL): Debedes redactar unha noticia como se fósedes reporteiros da época, que viven en primeira persoa os sucesos da Revolución Rusa.

PASO 1: Escolledes un feito que sucede dentro desta revolución (dos que explico no power point e que aparecen nos apuntes ou do documental que vos deixo abaixo). Exemplos: Domingo Sanguento, Revolución de outubro, Revolución de febreiro, Revolución de 1905, asalto ao Palacio de Inverno, toma de poder dos bolxeviques, asasinato do tsar e a súa familia, inicio da revolución, fin da revolución, creación da URSS, etc).

PASO 2: buscades información en internet sobre ese feito.

PASO 3: Redactades unha noticia (se pode ser a ordenador, e se non a man) na que contades os feitos como se fósedes reporteiros da época. Pasos:
·       
  •          Poñédelle un titular.
  •     Se o facedes a ordenador incluíde fotografías que ilustren ese feito. Explicade o que se está vendo nas fotografías.
  •     Podedes adornar a vosa noticia co formato que queirades: poñendo as letras do título en diferente tamaño, utilizando diferentes tipos de letra, etc.
  •     Contade os sucesos dun feito acontecido durante a Revolución Rusa cun ton periodístico, tratando de semellar que sodes reporteiros que viven en primeira persoa o que están contando. Intentádelle dar toda a intensidade que poidades, poñéndovos na pel dun reporteiro que ten que cubrir a noticia. Non é suficiente con copiar e pegar información. Tedes que redactalo vos mesmos (nótase bastante cando non é así). Tampouco consiste en inventar unha noticia, consiste en ler sobre a revolución e redactar vos mesmos unha noticia sobre ela.
  •     Se a mandades a ordenador poñédea co voso nome e apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A.

PASO 4: Retransmitir a noticia por:
-      
     Opción 1: Televisión: Os que poidades, gravades un vídeo contando os sucesos da noticia como se estivésedes dando un informativo de televisión. Despois me mandades o vídeo xunto ca noticia redactada. Podedes poñerlle nome ao voso programa de televisión/ informativo, poñerlle música de fondo, en definitiva, engadirlle todos os elementos que vos apeteza e que fagan máis realista a retransmisión.

-        Opción 2: Radio: Se o preferides podedes gravar un audio en formato mp3 e crear un programa de radio. Podedes poñer música de inicio e de fin, poñerlle nome ao programa, etc. Os móviles teñen normamente unha aplicación chamada "grabadora" para facer audios. O grabades así ou pola aplicación que queirades, dádeslle a gardar e despois dádeslle á opción "compartir" e xa vos sae gmail para poder mandala por correo.

      Para inspirarvos déixovos como exemplo os traballos duns alumnos de 4ºESO que fixeron un traballo parecido, e a súa profesora de historia compañeira miña creou esta páxina para recoller os traballos: https://www.ivoox.com/podcast-a-voz-do-pasado_sq_f1878713_1.htmlA duración que vos recomendo é de 2 minutos pero non pasa nada se é máis ou menos.

Con calquera das dúas opcións podedes facer un resumo da noticia escrita, para que non sexan longos. Podedes contar só o máis importante nesta parte, e despois eu xa leo todo o contido na parte escrita.

      Se tedes algún problema de medios para facer esta parte, dicídemo por correo.

Enviádesme por correo a noticia redactada e gravada en vídeo ou en audio. O prazo para enviar a noticia (escrita e gravada) é o próximo LUNS DÍA 20 DE ABRIL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario