venres, 20 de marzo de 2020

KAHOOT E ACTIVIDADES CON MAPAS

Feliz venres a todxs! AVISOS IMPORTANTES:

- OS QUE QUERAN FACER TODAS AS ACTIVIDADES QUE RECOMENDO E MANDARMAS, POR FAVOR QUE ME MANDEN A MAIOR CANTIDADE DELAS XUNTAS.

-AS ACTIVIDADES QUE MANDO (SALVO QUE MARQUE UN PRAZOS ESPECÍFICO COMO É O CASO DO KAHOOT, DOS MAPAS INTERACTIVOS OU DA ACTIVIDADE DAS CARTAS -ESTA ÚLTIMA IRÁ SEN PLAZO PORQUE SE PODERÁ ENTREGAR Á VOLTA) TEÑEN UN PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA DUNHA SEMANA DENDE QUE AS PUBLICO. SE AS FACEDES E NON ME MANDADES CORREO NON PASA NADA, CONTARÁN NA NOTA DO CADERNO. SE NON  FACEDES AS OBRIGATORIAS COMO OS ESQUEMAS, A PELI E OS MAPAS, TEREDES QUE FACELO Á VOLTA, E VANSE ACUMULAR. Para os despistados as actividades obrigatorias polo momento son:
- Esquemas apartados 5 e 6. 
-Traballo da película.
- Localización de países nos mapas.

- RECUPERACIÓN: Na recuperación entra todo o que demos neste trimestre. As persoas que só teñen que facer un parcial, xa lles avisei eu de forma particular por correo. Para os demáis entra:

  • Tema 3: A Revolución Industrial. Apartado 10.2.
  • Tema 4: Grandes Transformacións do Século XIX: Todos os apartados menos o apartado 5 (Segunda Revolución Industrial) que non entra.
  • Tema 5: A Primeira Guerra Mundial (apartados 1, 2 , 3)
Esto para quen quera ir repasando. A data do exame de recuperación a fixaremos á volta en función do que vos veña mellor, así que non vos preocupedes.

- ACTIVIDADES: As novas actividades son as seguintes:

ACTIVIDADE 1: KAHOOT DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (ACTIVIDADE VOLUNTARIA) : Nos últimos días de clase fixemos un kahoot de varios temas, pero tiñamos pendente facer un só da Primeira Guerra Mundial. este kahoot sirve para repasar contidos vellos para aqueles que teñan a recuperación, e tamén contidos novos (apartados 4 e 5 dos que fixechedes o esquema esta semana). Instruccións para realizar o kahoot:
  1. O kahoot está dispoñible como challenge (reto) ata o Martes ás 12.00 da mañá. Simplemente podedes acceder a el a través de este enlace: https://kahoot.it/challenge/0934809?challenge-id=8b51fce1-9a4b-405e-8733-b127ef03c0ba_1584705442338. 
  2. Debedes meter este PIN: 0934809.
  3. A opción que debedes escoller é a de Classic, dado que xogades de forma individual e non por grupos. Metede no nickname por favor o voso nome e o primeiro apelido se vos deixa.
  4. Neste kahoot hai dous tipos de preguntas novas, que decidín meter ao final (son as dúas últimas):  O puzzle no cal tendes que ordenar acontecementos por orde cronolóxica poñendo o primeiro que sucedeu arriba de todo e o que máis tarde sucedeu abaixo. Esta sería a antepenúltima pregunta. Despois na última tedes a opción de marcar varias respostas como verdadeiras. A partir de agora introducirei este tipo de preguntas novas, pero para que vos acostumbredes neste kahoot só hai dúas, as dúas últimas.
  5. En principio podo ver a todos os participantes, pero en caso contrario deixarei por aquí un aviso para que me mandedes unha foto ou captura de pantalla do voso resultado, para que eu apunte que o fixéchedes e así levaredes un positivo. En principio, como vos digo, eu poderei ver quen participa e quen non e xa o anotarei, pero por se acaso sacádelle unha foto cando o fagades á vosa puntuación. 

ACTIVIDADE 2: OS PAÍSES NO MAPA (ACTIVIDADE OBRIGATORIA, TEÑEN QUE ESTAR OS MAPAS COMPLETOS Á VOLTA): A actividade consiste en poñer nos mapas os seguintes países:

EUROPA: Países que nos faltan e países fronteirizos. Hai países moi pequenos, que deberedes marcar cun punto no mapa (vos recomendo poñer números e escribir os nomes fóra do mapa):
  1. Andorra
  2. San Marino
  3. Liechtenstein 
  4. Vaticano
  5. Mónaco 
  6. Marrocos
  7. Argelia
  8. Túnez 
  9. Siria 
  10. Líbano
  11. Irak
  12. Irán 
  13. Georgia
  14. Azerbaiyán 
  15. Armenia
  16. Mar Caspio
  17. Kazajistán 
ÁFRICA: Pode suceder que teñades que debuxalos como é no caso de Cabo Verde e Eritrea por exemplo 
  1. Cabo Verde
  2. Eritrea 
  3. Guinea
  4. Sierra Leona
  5. Costa de Marfil
  6. Ghana
  7. Benín 
  8. Togo 
  9. Níger 
  10. Nigeria 
  11. República Centroafricana
  12. Camerún 
  13. Gabón
  14. Guinea Ecuatorial 
  15. Yibuti
  16. Uganda 
  17. Gambia
  18. Mali
  19. Burkina Faso
Así, ambos mapas deberían quedar completos. Podedes enviarme unha captura co mapa se queredes que o apunte como positivo. 

ACTIVIDADE 3: XOGOS INTERACTIVOS CON MAPAS (ACTIVIDADE VOLUNTARIA):

Para estudar e repasar os países propóñovos os seguintes xogos interactivos:



Europa



Os que fagades esta actividade e me mandedes unha foto ou captura da vosa puntuación recibiredes un positivo.  O positivo NON DEPENDE DA VOSA PUNTUACIÓN. Tedes para facelo ata o Martes, o mesmo prazo que o Kahoot.



EU PUBLICAREI DESPOIS DO MARTES:

-O PODIO DO KAHOOT

-OS MELLORES RESULTADOS NOS MAPAS INTERACTIVOS

SE IDES FACER AS TRES ACTIVIDADES E QUEREDES QUE CONTEN COMO POSITIVO, MANDÁDEME NO CORREO A REALIZACIÓN DAS TRES XUNTAS. 

RECOMENDACIÓNS (VOLUNTARIAS):

Recoméndovos o seguinte documental sobre a Primeira Guerra Mundial (se alguén me manda foto do caderno cas súas impresións sobre o documental, conta como positivo. Podedes velo sen máis ou non velo) : https://www.youtube.com/watch?v=snN15HaTue8&t=1859s 

Recoméndovos ver o seguinte vídeo de Jaime Altozano falando sobre o coronavirus: https://www.youtube.com/watch?v=Fg-wo_MCq6g

Calquera dúbida ao correo! Espero que esteades todos ben!





Ningún comentario:

Publicar un comentario