sábado, 21 de marzo de 2020

AVISOS

Ola a todxs, tres avisos:

MAPAS MUDOS: deixo aquí un mapa mudo de Europa e outro de África para quen os deixase no insti, aínda que calquera mapa mudo de internet vale, e se xa imprimíchedes un non o cambiedes. Se non tedes ningún mapa nin tampouco impresora, facédelo á volta.

DESCARGAR MAPAS

PRAZOS DE ENTREGA: Aínda que enviar as actividades é opcional (para obter un positivo), e tedes unha semana para facelo, para evitar agobios déixovos envialas sen prazo e cando podades. O kahoot si que se mantén para o martes. E o ranking dos países o subirei nunha semana (o venres, pero vos podedes mandarme as puntuacións cando podades aínda que sexa máis tarde, para que vos poña a nota. 

CUESTIONARIO: Se podedes cubride este cuestionario sobre as actividades, só leva uns segundos:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewQfU4f4m1RYvNaYnS81LsxpQDSD3FhFYPZI-CXlRMRVWVcA/viewform?usp=sf_link

Ningún comentario:

Publicar un comentario