martes, 17 de marzo de 2020

PELÍCULA E ESQUEMAS


Ola chicxs! Espero que esteades todos ben e pasando esta situación tan excepcional do mellor xeito posible. Para non aburrirnos tanto nin perder a rutina de traballo, puxen a andar este blog para colgar contidos, pelis, xogos, tarefas, actividades, kahoots da miña materia.

Todas as semanas subirei varios días actividades para facer que me poderedes entregar nas seguintes contas de correo: nereamiguelezgonzalez@gmail.com ou judy.mg.93@gmail.com. Calquera dúbida mandádema a través delas. Eu sempre mando un correo de "recibido" cando me mandades as actividades, se vedes que non o mandei intentade escribirme de novo ou deixademe un comentario no blog

É moi importante que tratedes de facelas para que non se nos xunte todo á volta.

As previstas para hoxe son as seguintes (NON AS TEDES QUE MANDAR HOXE, FACÉDEAS NOS PRÓXIMOS DÍAS):

ACTIVIDADE 1: ESQUEMAS: Esta a poño aínda que xa avisei presencialmente: Debedes facer os esquemas dos apartados 4 e 5  do tema 5: A Primeira Guerra Mundial no caderno. Aínda que sexa algo aburrido é unha actividade que vos axuda a ir lendo o tema e a asimilar os contidos. Revisarei que a fixechedes cando mire os cadernos, pero se queredes que conte dende xa como un positivo, mandádeme a foto do caderno nun mail ao meu correo.


ACTIVIDADE 2: PELÍCULA "1917": Visionado da película "1917". Xa empezamos a ver esta película na clase pero gustaríame que a vírades na casa. É unha película moi entretida e visual que nos axuda a imaxinar a realidade da fronte durante a Primeira Guerra Mundial.


Quero que vexades a película e que cando rematedes me fagades:

1) Un resumo da mesma.

2) Que me expliquedes, que cousas víchedes na película que comentásemos nós na clase ou que aparezan nos apuntes. En resumo, que me expliquedes a relación que existe entre a película e a materia de Historia.

3) Que fagades unha valoración crítica da película: se vos gustou ou non é por que, que cousas puidéchedes aprender ou imaxinar véndoa, etc.

Non é necesario que lle poñades título a estos apartados, simplemente quero que recollades esos tres temas na vosa actividade, pero podedes facer o texto todo seguido sen poñer títulos nin apartados.

Esta actividade debe aparecer recollida no voso caderno: xa sexa escribíndoa a man ou nun documento de word e despois imprimíndoa e meténdoa ou pegándoa no caderno (revisareina cando mire os cadernos). E ademais debedes enviarma por correo se queredes que conte dende xa como realizada e ter un positivo na materia: o mesmo, en word ou simplemente sacándolle unha foto ao caderno.

NORMAS PARA A SÚA REALIZACIÓN:
  1. Debe incluír nome e apelidos e o voso curso.
  2. Debe ter marxes o voso texto.
  3. Se o escribides a ordenador o texto debe estar xustificado, isto quere dicir que debedes aliñear o texto para que todas as liñas do final do mesmo rematen á mesma altura. En word ou en oppenoffice tedes a opción de facelo na barra de ferramentas, nun recuadro que ten  as líneas  ordenadas ou na opción Ctrl+ J.
  4. Ten que haber varios parágrafos. Non quero textos que sexan un único texto todo seguido, debedes dividir en parágrafos sempre. Isto non significa que a cada frase que poñades teñades que poñer un punto e aparte. Senón que cada certo número de liñas (principalmente cada vez que cambiamos de tema ou idea) temos que poñer un punto e aparte e facer un novo parágrafo
  5. Puntuación dos textos: Na inmensa maioría das veces non puntuades ben os textos, de xeito que non se entenden ben. Normalmente tendemos a facer frases longas e sen comas. Isto é un erro. É moito mellor facelas máis curtas e poñer puntos e seguido, e tamén incluír comas. Eu non vos aconsello que utlicedes o recurso aos puntos e como (;) porque normalmente os utilizades mal (se usan sobre todo para facer enumeracións de cousas que implican frases enteiras). Polo tanto vos recomendo que en vez de puntos e coma poñades punto e seguido. Para puntuar ben un texto é recomendable ler o texto en alto. Se podemos ler o texto sen problemas e o entendemos, é que está ben puntuado. Se ao ler o texto non ten o sentido que lle queredes dar  ou vos afogades ao ler, é que está mal puntuado.
Na opción "DESCARGAR" que aparece ao final desta entrada poderedes descargarvos a película e os subtítulos (estos aparecen nun documento aparte). Para ver a película tedes que:

  1. DARLLE A DESCARGAR DO DRIVE AO VOSO ORDENADOR (BOTÓN DA FRECHA PARA ABAIXO)
  2. UNHA VEZ DESCARGADA, ABRILA CO REPRODUCTOR VLC media player. Pulsades enriba da peli --> botón dereito --> VCL media player.
  3. Despois debedes arrastrar o arquivo cos subtítulos e soltalo enriba da ventana na que se está reproducindo a película. Esto o fixen eu na clase diante de vos, pero se tedes algún problema me mandades un correo.
Un saúdo e por favor escribídeme cas dúbidas ao correo eu deixádeas en comentarios! Un saúdo a todos.

DESCARGAR


4 comentarios: