Ola chicxs! Aquí vos deixo a última
tarefa do curso. Se trata de 8 actividades sobre o Nazismo alemán. As 7
primeiras son obrigatorias, a número 8 é voluntaria e pódese entregar
escrita ou oral.
O prazo de entrega de todas é o Luns 15 de Xuño. Esta semana no vídeo explico o apartado 5 dos apuntes, e a
próxima subirei un vídeo explicando o 6, ambos sobre o nazismo: https://youtu.be/dpf8-P0nDYo
Debedes ler ambos apartados para
facer as actividades. Aquí podedes descargar os apuntes do Tema 7: Período de entreguerras DESCARGAR APUNTES
Recordade que tedes:
- Ata o 8 de xuño para mandar as actividades do fascismo italiano.
- Ata o 15 de xuño para mandar as actividades do nazismo alemán.
Normas
para mandar as actividades (non cumprilas baixa a puntuación da nota):
- O
texto onde se entreguen as actividades debe estar xustificado (Ctrl+J).
- Tamaño
de letra 12 (nos títulos pode ser máis grande).
- As actividades
mándanse todas xuntas nun documento de word, pdf ou oppenoffice.
- O nome
do documento debe ser nome, apelido e curso. Exemplo:
NereaMiguelez4A
- Debe
ter corrixidas as faltas (pasádelle o corrector ao texto
en galego),
- Deber
ser en galego.
- As
actividades deben estar separadas entre sí polo número da
actividade e un título.
- Se un exercicio ten varias preguntas é mellor que copiedes as preguntas.
RECUPERACIÓN: As
persoas que teñen que recuperar nestas semanas o farán entregando
estas actividades sobre o nazismo e as do fascismo pendentes. Non hai
actividades a maiores esta semana.
Tedes na entrada anterior información sobre as materias que puntúan para as carreiras e notas de corte.
Feliz semana a todos!
Tedes na entrada anterior información sobre as materias que puntúan para as carreiras e notas de corte.
Feliz semana a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario